|
Pagina nueva 1
O
feminismo é un movemento de toma de conciencia e loita das mulleres polos seus
dereitos e a súa emancipación social; así como pola igualdade real na sociedade,
de todos, homes e mulleres, como persoas.
A
situación social de partida das mulleres é de sometemento. O primeiro signo de
protesta é 1791 cando
Olimpia de Gouges proclama ante a Asemblea Nacional Francesa, A Declaración
dos Dereitos da Muller e da Cidadá.
A loita
das mulleres durante o século XIX céntrase en conseguir o dereito ao voto: as
sufraxistas de Europa e EE.UU. son mulleres pertenecentes á burguesía e certa
clase media, xa que as mulleres do proletariado foron protagonistas na posta en
marcha da Revolución Industrial.
En 1792
Mary Wollstonecraft publica en EE.UU.
Vindicación Dos Dereitos Da Muller.
Os
anarquistas dan por suposto que as mulleres estarán en igualdade de condicións
co home na nova sociedade, na que non existirán nin clases, nin grupos de poder,
nin diferenzas entre homes e mulleres.
O
socialismo está na mesma idea, pero Engels insire un elemento máis de análise: a
loita de clases-sexo, non é especificamente capitalista, ten a súa propia
dinámica. A liberación da muller producirase coa do proletariado, pero para elo
debe estar plenamente integrada no modo de producción capitalista.
No
século XX o facismo foi unha ideoloxía que dominou durante os anos 20 ao 40. O
facismo reduciu á muller á condición de cousa.
Será
despois da 2ª Guerra Mundial cando o feminismo, como ideoloxía, sexa asumido por
toda a sociedade, e elo grazas á información e á sociedade de masas.
A
visión da muller para a sociedade de consumo de masas é moi diferente á dos
feminismos. Impón un tipo de muller: esposa, feliz no seu fogar porque ten
aparellos que lle fan todas as tarefas da casa.
Simone de Beauvoir sostén que a situación oprimida da muller na sociedade
actual é algo cultural. Betty Friedman arremente en 1963 contra a mística da
feminidade, a escravitude do fogar feliz e a paz do mito consumista. Kate Millet
en 1970 desenvolve unha teoría sobre a política sexual.
Os anos
60 e o novo feminismo: as feministas dos anos 60 danse conta que a soa igualdade
xurídica é unha estafa, e que sofren unha situación de explotación económica,
legal e sexual. As mulleres son a minoría oprimida dentro das minorías, non se
trata da loita das mulleres pola igualdade, senón dun compromiso da sociedade
por destruir as barreras da opresión social.
A
situación da muller no Terceiro Mundo é aínda máis penosa, posto que ademais de
estar atrapada nunha sociedade machista, é pobre.
En
España o primeiro feminismo está representado por
Clara Campoamor,
Victoria Kent e
Margarita Nelken son as primeiras deputadas das Cortes españolas. En 1936
España é o país do mundo que máis mulleres ten no parlamento. En 1934 Victoria
Kent é nomeada directora de prisións. Por primeira vez na historia unha muller é
nomeada para un cargo público tradicionalmente masculino.
Margarita Nelken e Clara Campoamor defenderán a lei do divorcio ante o
parlamento. A maneira de independizarse para a muller, era casar. Sostiveron un
duro debate pola concesión inmediata do voto á muller. A máis salientable de
todas elas foi,
Dolores Ibarruri, a Pasionaria. Outra muller importante en tempos da
República foi
Federica Montseny. En Cataluña, durante a guerra civil, xorde o Grupo De
Mulleres Ceive de tendenza anarquista.
Durante
o franquismo a muller perde todos os seus dereitos e é reducida ao papel de
esposa, nai e muller piadosa. Non tiña dereito a administrar os seus bens, a ter
pasaporte, ou a poñer unha denuncia. En 1970 a nova lei xeral de educación
recoñecerá o dereito a unha educación igual para todos, incluido as mulleres. As
mulleres van tomando conciencia dos seus dereitos, comezan a reclamalos, e a
sociedade cada vez ve máis normal que se lles concedan. Non obstante, estes
dereitos non serán recoñecidos en España ata a proclamación da constitución en
1978.
En
suma, durante os séculos XIX e XX, o movemento feminista presenta dous acepcións
que implican planteamentos sociais diferentes:
1.-
Movemento en prol dos dereitos da muller. Interésase polo logro de todos os
dereitos e oportunidades que gozan os homes nas institucións existentes na
sociedade. É, polo tanto, un movemento reformista, pois acepta a sociedade
establecida e non pretende modificala.
2.-
Movemento de emancipación da muller. Busca a liberdade da muller das
restriccións impostas a nivel psicolóxico, social e a autodeterminación da
muller que lle permita decidir, por si mesma, a súa situación social, económica
e vital. Este movemento supón unha fase posterior ao movemento en prol dos
dereitos da muller e plantea unha actitude transformadora da sociedade.
Na
actualidade, un dos temas máis polémicos da nosa sociedade é o da emancipación
da muller, mais xa non se enfoca como nos séculos anteriores como un problema de
mero recoñecemento de dereitos formais senón como unha transformación das
estructuras sociais nas que se levan á práctiva eses dereitos.
Existe
un conxunto de leis, especialmente o artigo 35 da Constitución de 1978, que
permitiron á muller española a plena igualdade de dereitos co home e a
integración, alomenos teórica, dentro da sociedade na que vive.
Porén,
escribe Rosa Capel, “esta promoción feminina é máis ben superficial, acadando só
a orde xurídica e, nalgúns países, ao cultural, mentres que no aspecto
profesional e no puramente persoal non se acaba de aceptar a idea da muller como
ente autónomo, como persoa con ideais propios e independentes do home, con
valores e aptitudes inmanestes que trata de desenvolver. Este concepto novo de
muller non só non acaba de ser aceptado polo sexo masculino, senón que aínda o
feminino permanece en gran parte, alleo a el, pois supón un cambio, unha ruptura
das estructuras mentais que ata agora rexeron o comportamento de ámbolos dous e
isto só pódese lograr tras unha lenta evolución. Por outra banda, é a propia
familia, bastión do conservadurismo social a que non acaba de aceptar este
cambio nas metas a acadar pola muller, así como nos medios a usar para elo.
Deste xeito, a liberdade social acadada ante a lei vese freada ao intentar
plasmarse nunha realidade fidedigna por non existir paralelamente unha liberdade
psicolóxica, polo que se chamou “a forza do costume”. A pesar disto, o número de
mulleres conscientes da súas novas funcións sociais é cada vez maior e os logros
obtidos son o resultado dunha loita reivindicadora comezada, coma a do obreiro,
no século XIX.”
|