Capítulo 7 |
||
7. O FEMINISMO: A SÚA DEFINICIÓN E AS TENDENCIAS DENTRO DO MOVEMENTO.
O feminismo é un movemento de toma de conciencia e loita das mulleres polos seus dereitos e a súa emancipación social; así como pola igualdade real na sociedade, de todos, homes e mulleres, como persoas. A situación social de partida das mulleres é de sometemento. O primeiro signo de protesta é 1791 cando Olimpia de Gouges proclama ante a Asemblea Nacional Francesa, A Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá. A loita das mulleres durante o século XIX céntrase en conseguir o dereito ao voto: as sufraxistas de Europa e EE.UU. son mulleres pertenecentes á burguesía e certa clase media, xa que as mulleres do proletariado foron protagonistas na posta en marcha da Revolución Industrial. En 1792 Mary Wollstonecraft publica en EE.UU. Vindicación Dos Dereitos Da Muller. Os anarquistas dan por suposto que as mulleres estarán en igualdade de condicións co home na nova sociedade, na que non existirán nin clases, nin grupos de poder, nin diferenzas entre homes e mulleres. O socialismo está na mesma idea, pero Engels insire un elemento máis de análise: a loita de clases-sexo, non é especificamente capitalista, ten a súa propia dinámica. A liberación da muller producirase coa do proletariado, pero para elo debe estar plenamente integrada no modo de producción capitalista. No século XX o facismo foi unha ideoloxía que dominou durante os anos 20 ao 40. O facismo reduciu á muller á condición de cousa. Será despois da 2ª Guerra Mundial cando o feminismo, como ideoloxía, sexa asumido por toda a sociedade, e elo grazas á información e á sociedade de masas. A visión da muller para a sociedade de consumo de masas é moi diferente á dos feminismos. Impón un tipo de muller: esposa, feliz no seu fogar porque ten aparellos que lle fan todas as tarefas da casa. Simone de Beauvoir sostén que a situación oprimida da muller na sociedade actual é algo cultural. Betty Friedman arremente en 1963 contra a mística da feminidade, a escravitude do fogar feliz e a paz do mito consumista. Kate Millet en 1970 desenvolve unha teoría sobre a política sexual. Os anos 60 e o novo feminismo: as feministas dos anos 60 danse conta que a soa igualdade xurídica é unha estafa, e que sofren unha situación de explotación económica, legal e sexual. As mulleres son a minoría oprimida dentro das minorías, non se trata da loita das mulleres pola igualdade, senón dun compromiso da sociedade por destruir as barreras da opresión social. A situación da muller no Terceiro Mundo é aínda máis penosa, posto que ademais de estar atrapada nunha sociedade machista, é pobre. En España o primeiro feminismo está representado por Clara Campoamor, Victoria Kent e Margarita Nelken son as primeiras deputadas das Cortes españolas. En 1936 España é o país do mundo que máis mulleres ten no parlamento. En 1934 Victoria Kent é nomeada directora de prisións. Por primeira vez na historia unha muller é nomeada para un cargo público tradicionalmente masculino. Margarita Nelken e Clara Campoamor defenderán a lei do divorcio ante o parlamento. A maneira de independizarse para a muller, era casar. Sostiveron un duro debate pola concesión inmediata do voto á muller. A máis salientable de todas elas foi, Dolores Ibarruri, a Pasionaria. Outra muller importante en tempos da República foi Federica Montseny. En Cataluña, durante a guerra civil, xorde o Grupo De Mulleres Ceive de tendenza anarquista. Durante o franquismo a muller perde todos os seus dereitos e é reducida ao papel de esposa, nai e muller piadosa. Non tiña dereito a administrar os seus bens, a ter pasaporte, ou a poñer unha denuncia. En 1970 a nova lei xeral de educación recoñecerá o dereito a unha educación igual para todos, incluido as mulleres. As mulleres van tomando conciencia dos seus dereitos, comezan a reclamalos, e a sociedade cada vez ve máis normal que se lles concedan. Non obstante, estes dereitos non serán recoñecidos en España ata a proclamación da constitución en 1978. En suma, durante os séculos XIX e XX, o movemento feminista presenta dous acepcións que implican planteamentos sociais diferentes: 1.- Movemento en prol dos dereitos da muller. Interésase polo logro de todos os dereitos e oportunidades que gozan os homes nas institucións existentes na sociedade. É, polo tanto, un movemento reformista, pois acepta a sociedade establecida e non pretende modificala. 2.- Movemento de emancipación da muller. Busca a liberdade da muller das restriccións impostas a nivel psicolóxico, social e a autodeterminación da muller que lle permita decidir, por si mesma, a súa situación social, económica e vital. Este movemento supón unha fase posterior ao movemento en prol dos dereitos da muller e plantea unha actitude transformadora da sociedade. Na actualidade, un dos temas máis polémicos da nosa sociedade é o da emancipación da muller, mais xa non se enfoca como nos séculos anteriores como un problema de mero recoñecemento de dereitos formais senón como unha transformación das estructuras sociais nas que se levan á práctiva eses dereitos. Existe un conxunto de leis, especialmente o artigo 35 da Constitución de 1978, que permitiron á muller española a plena igualdade de dereitos co home e a integración, alomenos teórica, dentro da sociedade na que vive. Porén, escribe Rosa Capel, “esta promoción feminina é máis ben superficial, acadando só a orde xurídica e, nalgúns países, ao cultural, mentres que no aspecto profesional e no puramente persoal non se acaba de aceptar a idea da muller como ente autónomo, como persoa con ideais propios e independentes do home, con valores e aptitudes inmanestes que trata de desenvolver. Este concepto novo de muller non só non acaba de ser aceptado polo sexo masculino, senón que aínda o feminino permanece en gran parte, alleo a el, pois supón un cambio, unha ruptura das estructuras mentais que ata agora rexeron o comportamento de ámbolos dous e isto só pódese lograr tras unha lenta evolución. Por outra banda, é a propia familia, bastión do conservadurismo social a que non acaba de aceptar este cambio nas metas a acadar pola muller, así como nos medios a usar para elo. Deste xeito, a liberdade social acadada ante a lei vese freada ao intentar plasmarse nunha realidade fidedigna por non existir paralelamente unha liberdade psicolóxica, polo que se chamou “a forza do costume”. A pesar disto, o número de mulleres conscientes da súas novas funcións sociais é cada vez maior e os logros obtidos son o resultado dunha loita reivindicadora comezada, coma a do obreiro, no século XIX.”
|
||
(C) 2007 - Quedan todos os dereitos reservados |
||