Contidos
  Introducción     Obxectivos     Metodoloxía     Banco de datos     Bibliografía     Contacto     WEB CCSS MONTOJO     Reseñas  
Capítulo 1
Capítulo 2
Capítulo 3
Capítulo 4
Capítulo 5
Capítulo 6
Capítulo 7
Capítulo 8
Capítulo 9
Capítulo 10
Capítulo 11
Capítulo 12
Capítulo 13
Capítulo 14
Capítulo 15
Capítulo 16
Capítulo 17
Capítulo 18
Xeral:
Home page

Capítulo 8

8

8.     SÍNTESE DO CONTEXTO HISTÓRICO DA EVOLUCIÓN DO FEMINISMO.

 

1.     A loita pola emancipación feminina, despois da súa inmemorial marxinación, comeza coma dos obreiros, no século XIX.

2.     O afán dos ilustrados do século XVIII por levar a cultura a todos os individuos favoreceu á muller, sobre todo ás mulleres das capas sociais altas, que viron na educación o medio principal para saír da súa secular marxinación.

3.     En 1789 un grupo de mulleres, que antes participara activamente nos preparativos da revolución, pediron que se lles recoñecese a igualdade e elaboraron unha petición que chegou á Asemblea Constituínte. Todo foi inútil: Olympe de Gouges, xunto con outras feministas, foi escabezada e os clubs e sociedades feministas que elas crearon foron clausuradas.

4.     O sistema político nado coa Revolución Francesa, aínda que non recoñeceu ás mulleres o seu dereito á igualdade, levaba no seu interior o xerme para que as mulleres seguiran loitando por ese elemental dereito.

5.     O Código Napoleónico culminou esta actitude antifeminista reforzando o dominio masculino ao decretar o sometemento da muller ao home, negándolle toda autoridade sobre os fillos e quitándolle o dereito a acudir á lei sen o consentemento do esposo.

6.     A súa influencia en Francia e en toda Europa mantívose ata 1946, en que se outorgou ás mulleres o sufraxio nese país.

7.     A revolución industrial iniciada en Inglaterra cara a 1780, e cuxos froitos fixéronse sentir de 1830 a 1840, foi o feito histórico que serviu de empuxe definitivo á loita emancipadora feminista. Por iso, Estados Unidos e Inglaterra, debido ao alto grao de industrialización que acadaron, foron precisamente os centros xeográficos da “batalla feminista”.

8.     A revolución industrial incorporou ás mulleres e aos nenos ao traballo nas fábricas, e fixoo en condicións de gran explotación, con esgotadoras xornadas e xornais irrisorios. As mulleres obreiras así eran dobremente explotadas, ao ter que realizar tamén o seu traballo doméstico. Esta explotación fixo a moitas tomar conciencia da necesidade de unirse e loitar por melloras e poñer fin ao abuso. En 1834 edítase La Tribune des femmes e en 1843 Les Voix des femmes.

9.     As primeiras reivindicacións das feministas estaban centradas en mellorar a súa situación laboral e en obter un traballo que lles permitise vivir por si mesmas. Para conseguir estes obxectivos danse conta de que necesitan intervir na política, e para elo necesitan obter o dereito ao voto. Nace o movemento sufraxista, que discorre entre as últimas cinco décadas de 1800 e as primeiras de 1900.

10.                       O filósofo inglés John Stuart Mill (1806-1873) defendeu no seus escritos e no Parlamento inglés a necesidade dun cambio na situación de inferioridade política e civil das mulleres. Casou cunha das mais salientables pensadoras feministas británicas, Harriet Taylor, nai doutra importante feminista do século XX, Helen Taylor. Xuntos escribiron a importante obra titulada O sometemento feminino. John Stuart Mill influiu grandemente en Emilia Pardo Bazán, o que pode verse no seu ensaio “John Stuart Mill”.[1]

 

11.                       O socialismo tamén colaborou en prol dos dereitos da muller: Luisa Michel, Clara Zetkin, Rosa Luxemburgo, socialistas alemanas, e a francesa Flora Tristán, participan nunha nova concepción da loita feminista.

12.                       En Estados Unidos, o Estado de Nueva Jersey en 1790 foi o primeiro en conceder o voto ás mulleres, aínda que en 1808 xa perderan este dereito outra vez.

13.                       Durante a Guerra de Secesión americana, as mulleres, sobre todo as dos estados do Norte, participaron activamente na guerra e celebraron mitins e manifestacións en prol dos seus dereitos, pero unha vez asinada a paz, o movemento feminista foi relegado unha vez máis sen conseguir o dereito ao voto, nin os demais dereitos recoñecidos a todos os cidadáns.

14.                       As sufraxistas inglesas incorporaron a súas filas ás mulleres das clases medias e da alta burguesía, e fixeron do voto o seu principal obxectivo, deixando en segundo plano as reivindicacións. A líder deste movemento chegou a usar métodos radicais violentos. Estas actividades outorgáronlle eco a escala nacional a todo o movemento, integrado na súa maior parte na “Unión social e política feminina”, de Mrs. Emmeline Pankhurst (1858-1928).

15.                       Mais son as democracias nórdicas as que se adelantaron aos demais países na concesión dos dereitos electorais da muller: Noruega en 1901 outorgoulle o voto municipal cunha determinada renda e en 1931 concedeselle a nivel nacional. Finlandia concedeuno en 1906.

16.                       A líder inglesa Pankhurst tamén colaborou no rexurdir do movemento sufraxista en Estados Unidos, que intensificou a súas actividades e radicalizou o seus métodos animado por Mrs. Pankhurst, centrando a súas actividades en Washington e Nova York.

17.                       A I Guerra Mundial (1914-1918) favoreceu enormemente a causa do sufraxismo e deu a oportunidade ás mulleres de demostrar a súas capacidades. As sufraxistas sustituiron a súa potencia activista polo traballo nas fábricas de armamento e na industria, impedindo a paralización das nacións, facendo funcionar tanto os servizos sanitarios como a producción das fábricas. Cando en 1918 terminou a guerra, a opinión sobre a capacidade feminina, en xeral, cambiara.

18.                       Este cambio de opinión, unido ao triunfo dos ideais socialistas na revolución rusa de 1917 e á aparición de novos estados como a República de Weimar, Austria, Hungría, Polonia, Checoslovaquia, etc., desexosos de demostrar que actuaban sen trabas tradicionais, fan que o sufraxio feminino sexa concedido en gran número de nacións: Dinamarca, con Islandia baixo o seu poder en 1915; Rusia, 1917; Canadá, 1918; Austria, 1918; Luxemburgo, 1918; Irlanda, 1918; Países Baixos, 1919; Checoslovaquia, 1919; República de Weimar, 1919; e Suecia, 1919. En Inglaterra, onde as tradicións eran moi fortes, concédese en 1918, mais ás mulleres de máis de trinta anos, e aos homes aos vinte e un. Só en 1928 suprimiuse esta diferenza.

19.                       En Estados Unidos, en 1918, a Cámara de Representantes aprobou por fin o dereito ao voto da muller.

20.                       En España, a repercusión da loita sufraxista foi prácticamente nula, pois faltaban os dous motivos esenciais que a puxeron en marcha noutros países: un desenvolvemento industrial e unha burguesía media, forte; faltaba, ademais, unha democracia estable. A muller española coseguíu o voto sen ningunha limitación co home só cando en 1931 a Constitución da II República outorgoullo. A pesar do retraso do movemento feminista español, diversas mulleres iniciaron a defensa da idea da igualdade feminina: Dolors Monserdá (1845-1919) defendeu os dereitos da muller dende unha perspectiva nacionalista catalana e profundamente católica. Teresa Claramunt (1862-1931), obreira téxtil e militante anarcosindicalista, reivindicou o papel da muller como nai que trasmite valores ideolóxicos a seus fillos. Se estes valores eran igualitarios e anarquistas estaríanse poñendo as bases para unha nova sociedade. María Echarri (1878-1955), concelleira do Concello de Madrid e inspectora de traballo do Instituto de Reformas Sociais, promoveu, dende unha perspectiva de feminismo católico, algunhas medidas de mellora laboral para as obreiras. Salientamos a chamada “Lei da Cadeira” de 1912, pola cal os empresarios debían proporcionar unha cadeira a todas as mulleres que traballaban na industria ou no comercio.

Como vimos, hai un paralelismo temporal entre movemento obreiro e movemento feminista, que debe ser analizado con máis detalle.

 


 

[1] Pardo Bazán, Emilia: "Stuart Mill (1892)." Télos. Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas, I/3 (1992), 145-158.

 


Printer-friendly version