|
Pagina nueva 1
En
xeral, e de todos os logros conseguidos durante esta etapa da historia de España
salientamos o proceso de liberación da muller que acababa, en parte, co pasivo e
discriminado papel do que era vitima ata ese momento e que estaba solidamente
instaurado pola monarquía e a igrexa, ao considerar á muller só como esposa
obediente e nai exemplar. A muller que ata ese momento dependía do seu home ata
para facer valer os seus dereitos máis básicos, vivía por entón anulada e
relegada á máis profunda ignorancia debido á educación que recibía xa na escola
dende idade temperá. Esta é unha maneira de evitar calquera rebelión contra o
sistema arcaico e patriarcal do momento. As mulleres están dedicadas casi
exclusivamente ás terefas do fogar. A incorporación da muller ao mundo laboral
estaba chea de dificultades debido tanto a súa alta tasa de analfabetismo e á
falta de medios estructurais que facilitara á muller con fillos a súa
incorporación ao traballo, así como á existencias de leis que o dificultaban.
A
burguesía fomentaba, ademais, nesta situación na medida que lle interesaba
manter á muller no fogar co fín de que cumprise a súa misión natural de
reproduccíon da especie. A poboación activa a comezo dos anos 30 era do 24% do
cal, o 80% eran mulleres solteiras e viúvas. Ao non teren pensión de viuvez, as
mulleres víanse obrigadas a traballar trala morte do esposo para sacar as súas
familias adiante. As casadas, para poderen traballar, necesitaban o permiso do
marido, non podían dispoñer libremente do seu salario podendo o marido optar a
el, incluso nos casos de separación xudicial entre ámbolos dous cónxuxes.
Coa
aparición da 2ª República, e debido o seu carácter claramente anticlerical, esta
situación cambiou en gran parte ao iniciarse entón importantes reformas sociais
e xurídicas reflectidas na constitución republicana de 1931 e en outras leis
aprobadas posteriormente.
Así,
non só se eliminaron privilexios recoñecidos ata ese momento exclusivamete aos
homes, senón que se regulou o acceso das mulleres a cargos públicos, concedeuse
o dereito de voto ás mulleres, puideron ser elixidas deputadas, melloraron os
dereitos da muller na familia e no matrimonio (recoñeceuse o matrimonio civil,
suprimiuse o delicto de adulterio aplicado só á muller e permítese legalmente o
divorcio por mutuo acordo), obrigouse ao Estado a regulamentar o traballo
feminino, a súa incorporación a postos de traballo segundo mérito e capacidade,
sen distinción de sexo, a protexer a maternidade (prohiberonse as cláusulas de
despido por contraer matrimonio ou por maternidade, estableceuse o Seguro
Obrigatorio de Maternidade e aprobouse a equiparación salarial para ámbolos dous
sexos), así mesmo recoñeceuse o dereito das mulleres a ter a patria potestad dos
fillos (permitiuse a investigación da paternidade e o recoñecemento dos fillos
naturais). No ámbito da educación crearonse as escolas mixtas e a coeducación,
abolieronse as materias domésticas e relixiosas, e crearonse tamén escolas
nocturnas para traballadoras. En Cataluña foise máis lonxe, permitiuse a
dispensación de anticonceptivos, despenalizouse e legalizouse o aborto,
decretouse a abolición da prostitución regulamentada e prohibiuse contratar a
mulleres en traballos considerados como perigosos ou duros.
A 2ª
República deixouno un conxunto de valores imprescindibles, un modelo de
dignificación do papel da muller, así como un exemplo de liberdade e
lexitimidade democráticas.
O
período da 2ª República foi breve pero intenso, e deu a noso país a oportunidade
de converter en realidade o que na súa propia esencia implica: democracia,
futuro, progreso e liberdade.
Mais,
hubo que esperar “unha longa noite de pedra” para que estes logros poideran
realizarse.
|
|