Contidos
  Introducción     Obxectivos     Metodoloxía     Banco de datos     Bibliografía     Contacto     WEB CCSS MONTOJO     Reseñas  
Capítulo 1
Capítulo 2
Capítulo 3
Capítulo 4
Capítulo 5
Capítulo 6
Capítulo 7
Capítulo 8
Capítulo 9
Capítulo 10
Capítulo 11
Capítulo 12
Capítulo 13
Capítulo 14
Capítulo 15
Capítulo 16
Capítulo 17
Capítulo 18
Xeral:
Home page

Capítulo 2

Pagina nueva 1

2.     ELEMENTOS PARA O ESTUDO DO DESENVOLVEMENTO CONSTITUCIONAL NA ESPAÑA CONTEMPORÁNEA.

 

2.1.           CONCEPTOS PREVIOS:

O estudo da evolución dos dereitos da muller no marco do desenvolvemento constitucional español, o noso principal obxectivo, fai necesario que se precisen e aclaren certos conceptos previos.

 

1. Qué é unha constitución?

·        Lei fundamental dun Estado.

·        Establece o réxime e a forma política do Estado.

·        Inclúe catálogo de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns.

·        Inclúe sistema de separación ou equilibrio de distintos poderes do Estado e institucións que o exercen: 

o       Poder lexislativo (Parlamento ou Cortes).

o       Poder executivo de gobernar (Goberno).

o       Poder xudicial (Tribunais de xustiza).

·        Debe concretar as prerrogativas do xefe do Estado.

 

2. Características dunha constitución:

·        Soberanía nacional: debe estar elaborada polos representantes dos cidadáns.

·        División de poderes: debe establecer unha organización e separación dos poderes do Estado: lexislativo, executivo e xudicial.

·        Dereitos e liberdades: debe conter de forma expresa os dereitos, deberes e as liberdades dos cidadáns.

 

3. Contidos dunha constitución:

·        Principios e valores constitucionais. Dereitos e deberes dos cidadáns.

·        Organización, competencias e funcionamento dos poderes públicos.

 

4. Cando xorden as constitucións?

·        Século XVII. Revolución Inglesa. (Locke, Berkeley, Adam Smith).

·        Desenvolvemento das ideas políticas ilustradas no período prerrevolucionario. Rousseau, Voltaire, Montesquieu.

·        A primeira constitución foi a dos Estados Unidos de América de 1787. Contía os principios básicos:

o       Soberanía popular.

o       División de poderes.

o       Dereitos e liberdades dos cidadáns.

o       Tipo de réxime político.

o       Organización do Estado.

·        1791. Constitución francesa.

 


 

2.2.           ESQUEMA-RESUMO dos antecedentes históricos do constitucionalismo español.

 

1.     A HISTORIA POLÍTICA DE ESPAÑA NO SÉCULO XIX:

-         é imposíbel a “modernización política” en España?

§       uns conflictos normais e superados noutras nacións parece que en España “perpetúanse”

§       Así por exemplo as tres guerras carlistas de 1832 a 1857.

-         Carácter “proverbial” da inestabilidade do século XIX

§       Coñécense case “todos os rexímenes políticos”.

§       Os diferentes momentos serían:

a)     Constitución de Cádiz de 1812

-         Aprobada polas Cortes convocadas pola Rexente en 1810.

-         A Rexencia sustitúe á Xunta Suprema Central (que concentraba a lexitimidade popular das Xuntas Provinciais).

-         Consagra:

§       A forma monárquica de goberno.

§       Establece a división de poderes.

§       E a confesionalidade católica do Estado.

-         Define a “nación española”: é a unión dos españois dos dous lados do Atlántico.

b)    Fernando VII, chega en 1814

-         É abolida a constitución

-         Neste intre arranca a reivindicación de restaurala.

-         A súas liñas:

§       Restabelecemento do Absolutismo.

§       Supresión das libertades.

§       Caos na Facenda.

§       Devolución da primacia á Igrexa Católica.

c)     Sublevación de Rafael Riego

-         Estabelecemento dun réxime liberal.

-         Fernando VII é obrigado a acatar a Constitución de 1812.

-         Iníciase o “trienio constitucional”.

d)   Restauración Monárquica Absoluta en Fernando VII

-         Pola chegada de “os cen mil fillos de San luis”.

-         Ao mando do duque de Angulema.

-         Enviados pola Santa Alianza.

-         É a “decada Ominosa” de 1823 a 1833:

§       Persecución dos liberais.

§       Perda de posesións en América (agás Cuba e Porto Rico).

§       Fráguase o conflicto que acaba nas guerras carlistas: problema sucesorio de Fernando VII.

 

e)    Rexencia de Mª Cristina

-         Liberalismo doutrinario: prosperidade da burguesía por mor da leis de desamortización.

-         Estatuto Real de 1834:

§       Sistema bicameral: unha non electiva e a outra por censo reducido.

§       Primacia do Rei sobre as Cámaras.

f)  Sublevación da Granxa en 1836

-         Obrígase á Rexente a xurar a Constitución de 1812.

-         Pouco despois promúlgase a Constitución de 1837. Implica un pacto entre moderados e progresistas, definidos ambos polos seguintes rasgos:

§       Progresistas: pola declaración unitaria de dereitos. E referencia á “Soberanía Nacional” (recólleo da Constitución de 1812).

§       Moderados: polo bicameralismo (a de 1812 era unicameral). O carácter híbrido do Senado. E o carácter restrinxido do censo no congreso.

g)     A Rexencia de Espartero

-         Foi o resultado da crise política do sistema.

-         E o seu final coincide co inicio da “década moderada”.

h)     A “década moderada”

-         É un retroceso socio-político respecto do Réxime de 1837.

-         E apróbase a Constitución de 1845:

§       Supón unha reforma da de 1837, aínda que sustancial.

§       Aumenta a prerrogativa rexia.

§       O Senado perde o seu carácter híbrido e faise por designación real.

§       Réstanse moitas facultades ao Congreso.

i)      A “ Vicalvarada”

-         Iníciase o bienio progresista.

-         Redáctase un proxecto de Constitución de 1856 (constitución nonnata, non entrou en vigor).

-         Foi un texto progresista como respota ao carácter partidista e unilateral de 1845.

j)   Non entrou en vigor a de 1856 polo pronunciamento de O’Donnell

-         Disolve as Cortes.

-         Restabelece a Constitución de 1845.

-         Iníciase o período moderado máis longo do século XIX.

k)  Revolución Gloriosa de 1868

-         Surxirá a constitución de 1869 (a máis democrática ata ese momento):

§       Sufraxio Universal.

§       Parlamento electivo.

§       Declaración ampla de dereitos.

-         Derrocamento de Isabel II.

-         Asasinato do xeneral Prim.

-         Abdicación de Amadeo de Saboya, e ábrese o camiño á denominada “crise do século XX”.

 

 

2.     A CRISE DO SÉCULO XX

-         O século XX español comeza en 1898

-         Derrota na guerra contra Estados Unidos:

§       Pérdense as posesións non africanas (Cuba, Porto Rico e Filipinas).

§       Proceso de reflexión colectiva sobre o sentemento da “nación”.

-         É o inicio da escola denominada “Xeración do 98”.

 

-         De 1900 a 1923 a Restauración funciona mal por dous factores:

-         Esperta a opinión pública.

-         O Rei boicotea o funcionamento democrático das institucións.

              

-         É un País Neutral na 1ª Guerra Mundial

-         Pola crise de identidade aberta en 1898.

-         Polo illamento internacional nun contexto europeo.

-         Non obstante, pola 1ª Guerra Mundial economicamente hai certa prosperidade: finalizada a guerra as carteras de pedidos péchanse e chégase a unha difícil situación en 1917, sendo enorme en 1918.

              

-         Varios factores:

-         As loitas sociais.

-         Movemento obreiro coa presenza dos anarquistas.

-         En 1909 Semana Tráxica de Barcelona.

-         En 1917 únense CNT e UXT e chégase á folga xeral.

 

-         Ao finalizar a 1ª Guerra Mundial

-         Non serve a estructura xurídico-política da Restauración.

-         Non serven os partidos dinásticos:

§       non poden controlar a situación.

§       E non garantizan a quenda do poder.

-         A crise de identidade nacional afecta as institucións do Estado:

§       Deslexitímase a orde pública.

§       E algún órgano do Estado artéllase á marxe da legalidade estatal.

-         No campo Rexionalista:

§       Cambó convoca a Asemblea de parlamentarios catalanes (o desartellamento comenza a tomar corpo).

·        descontentos cos órganos estatais, os cataláns reúnense pola súa conta.

·        Artéllase o nacionalismo catalán, que logo se estenderá a outras rexións.

-         En canto ao exército: As xuntas de Defensa Militares:

§       organizacións sindicais dos oficiais.

§       Manifestan a inquietude e indisciplina do exército.

 

 

-         EN RESUMO:

1.     Estas circunstancias fixan as liñas da crise do século XX.

2.     Prodúcese o desastre de El Annual.

3.     A constitución de 1876 é un texto puramente nominal.

4.     O sistema político desmorónase.

5.     As institucións carecen de lexitimidade.

6.     Problemas de orde pública.

 

-         Ante isto: en 1923 Pronunciamento de Primo de Rivera

§       Suspéndese a Constitución de 1876.

§       Non é un novo réxime senón unha paréntese na Restauración.

 

-         A dictadura de Primo de Rivera

-         Carácter “excepcional” da Dictadura

§       Pois se trata de poñer fin aos conflictos sociais:

·        Ilegaliza a CNT e marxina a UXT.

·        E integra aos socialistas nos comités paritarios.

§       E poñer fin á impopular Guerra de Africa, mediante o desembarco de Alhucemas.

-         En vez de dar fin á Dictadura abre unha “fase civil” e inicia un proxecto “constituínte”.

 

§        O seu primeiro paso foi fundar un partido único: Unión Patriótica.

§        E por Decreto-Lei de 1927 convoca unha Asemblea Nacional, con criterio puramente corporativo. E as funcións que lle asigna o Decreto:

·        esperábase o texto dunha nova constitución e de 5 leis orgánicas de desenvolvemento constitucional.

·        Funcións de control de goberno interpelando, aínda que o goberno poda ou non contestar.

·        Designar Comisións para investigar a Administración.

 

-         A fin da Monarquía

-         Dimisión de Primo de Rivera (por falta de apoio)

-         Inténtase restabelecer a Constitución de 1876 (fracasa pola oposición dos partidos)

-         Os partidos asinan o “Pacto de San Sebastian” solicitando eleccións municipais.

-         O Rei nomea Presidente do Consello de Ministros: Almirante Aznar, que convoca as municipais (triunfa Coalición Republicana-Socialista).

-         O 14 de Abril de 1931: A República (Alfonso XIII ao exilio).

·        fórmase goberno sobre a base dos asinantes do Pacto de S. Sebastian.

·        Convocar eleccións a Cortes Constituíntes.

       

-         A segunda República

-         É un réxime sostido pola esquerda que ha de responder aos ataques da esquerda máis radical.

-         Eleccións a Cortes constituíntes 28 de xuño de 1931: maioría para republicanos e socialistas.

-         E proclámase a Constitución de 1931. “Constitución de profesores”.

·        España como “República de traballadores de todas as clases”.

·        España como “Estado Integral”, fórmula intermedia entre Estado-federal e Unitario-Centralista.

·        E decrétase a separación entre igrexa e Estado.

-         E créase un Tribunal de Garantías Constitucionais;

·        Control da Constitución das leis.

·        Conflicto de competencias.

·        Recursos de amparo.

·        Xustiza política.

 

OBSERVACIÓNS:

               A esquerda ameaza con acudir á revolución se gobernan as dereitas, e as dereitas conspiran en secreto contra a República.

 

-         A Guerra Civil

-         Sublevación 18-xullo-1936:

§        Os sublevados son unha Xunta Militar.

§        E o goberno depende das milicias que organizan desúpeto os partidos.

§        Existe un “poder dual”, dous territorios e dous Estados.

-         Configúrase un Réxime “Nacional” de lexitimación carismática, e busca unha lexitimación socio-popular mediante o Foro do Traballo (9-marzo-1938)

-         Créase Falanxe Española e das JONS (Movemento Nacional).

 

OBSERVACIÓNS:

1.     Non só foi loita de dous mentalidades.

2.     Senón de dous formas de organizar o Estado:

a)     dende un plano orgánico-funcional

b)    dende un plano territorial.

-         O fascismo español

-         A súa forma orgánica: Falanxe española e das JONS

-         Desprezo da organización política democrática

-         O seu concepto de “hispanidad” connotación racista

-         A diferenza doutros, é un fascismo “non civil”

 

 

-         A República e a Revolución

-         No bando republicano:

§        Había un proceso revolucionario en marcha?

§        Ou as forzas limitáronse a defender a legalidade republicana?

-         A defensa da República:

§        a base de unidades fieis ao goberno

§        e os partidos e centrais organizan un “exercito popular”.

-         Dúas posturas:

§        Radicais: a revolución é necesaria para gañar a guerra.

§        Moderados: primeiro gañar a guerra e logo facer a revolución.

-         Solución: enfrontamento en Barcelona, maio de 1937.

 

 

-         O Réxime de Franco

-         A dictadura perpetúase a si mesma

§        Foro do Traballo 1938

§        Lei de Cortes de 1942 (sistema representativo orgánico)

§        Foro dos Españois 17 xullo 1945

§        Lei de Referendo 22 outubro 1946 

§        Lei de sucesión

§        Lei de Principios do Movemento Nacional 17 maio 1958

§        Lei Orgánica do Estado 1 xaneiro 1967

-         Tres etapas fundamentais:

§        Etapa fascista: 1936-1945

§        Racionalización e Modernización 1945-1959 (canalizar a estructura xurídica do Réxime)

§        De 1959 (aprobación do plan de estabilización) a 1975: orientación tecnocrática do Réxime.

 

-         dende a Lei Orgánica do Estado (1976)

§        Sepárase a xefatura do Estado da Presidencia do Goberno.

§        Autorízanse algunhas organización: “asociacións políticas”

 

 

-         Problemas de conceptualización do Réxime de Franco

-         Teoría do Estado nacionalsindicalista (Estado paternalista e benefactor, que resolve a loita de clases intervindo nos sindicatos)

-         Ao final do Réxime dous sectores enfrontados:

§        Manter a Dictadura dura

§        Evolución das institucións.

-         Segundo Linz: Estado autoritario distinto do Estado totalitario:

§        Pois mantén distancia entre as institucións públicas e a sociedade.

§        e admite certas formas de oposición.

 

 

-         Da  transición á Democracia

      - Presión:

§        exterior: Europa

§        interior: os movementos en prol da Democracia.

      - E aparecen tres posturas:

§        Manter o Réxime.

§        Reforma paulatina.

§        Ruptura total

 

SOLUCIÓN: Ruptura pactada.

 

CONCLUSIÓN: como podemos observar España ten unha longa e inestable historia constitucional, debida ás convulsións políticas sufridas nos séculos XIX e XX. O século XX é un bo exemplo da complexidade do sistema político español da época. Sucediéronse diversas e incluso contradictorias etapas histórico-políticas: dúas repúblicas, unha terrible guerra civil, unha durísima dictadura e a reconquista dunha Democracia esperada.

      Este é o contexto necesario de explicación que permitirá comprender como se xestan os dereitos da muller en España e como evolucionan amodo ata a situación actual, nunhas situacións históricas complicadas, como por outra parte, foron as de toda Europa nos séculos XIX e XX.

 


Printer-friendly version