|
Pagina nueva 1
1.- A
declaración de dereitos
-
En
España non hai tradición de declaración de dereitos separada do texto
constitucional.
-
Na
tradición española hai unha pronta inclusión das tarefas de estabelecemento de
dereitos nas constitucións:
a)
A de 1837 fai unha relación de dereitos fundamentais que pasaría case
intacta á de 1845.
b)
A revolucionaria de 1869 contén unha declaración moi prolixa que se
sistematiza e recorta na de 1876.
c)
E a de 1978 inclúe a táboa de dereitos.
-
A
relación de dereitos fundamentais é moi extensa e moi detallada na Constitución.
Por que?
a)
Para garantir que a declaración de dereitos non ía quedar convertida en
pura declaración.
b)
A partir do periodo político anterior, requeríase garantir o exercicio
dos dereitos e a natureza destes como “inviolables” e “inherentes” á persoa.
2.-
Clasificación dos dereitos e liberdades:
-
É unha
tarefa ardua por varios motivos:
a)
Pola elevada cantidade
b)
Polo desorde en que están situados
c)
Pola relativa polisemia da Constitución
-
Son
difíciles de clasificar porque son moi complexas e non se prestan a tipoloxías
fáciles.
-
Porque
o seu alcance non é en todo caso o mesmo nin tampouco o seu ámbito, e porque uns
parecen previos e requisitos dos outros sen que exista un criterio uniforme para
averigualo.
-
Pola
intervención dos xuizos valorativos nas cuestións dos dereitos.
En
resume,
o máis prudente pode ser facer tres grupos o máis amplo posible:
a)
Dereitos fundamentais, que son anteriores ao Estado e que este recoñece
cando se atopan sometidos a súa autoridade, con indenpendencia da súa
nacionalidade.
b)
Dereitos políticos, presupón unha orde política, aquel que converte ás
persoas privadas en “cidadáns”.
c)
Dereitos sociais e económicos, el que aparezcan singularizados implica
que a división tomou como referencia non aos titulares do dereito, senón ao
contido deste.
2.1.-
Dereitos fundamentais “inherentes ao individuo e requisitos da plena dignidade
da persoa. Son os dereitos chamados humano como innatos”
2.1.1.- Igualdade ante a lei
a)
Ausencia de discriminación persoal ou social
b)
Supón tratar de xeito desigual aos desiguais co fin de que reine unha
igualdade verdadeira.
2.1.2.- O dereito á vida
a)
Integridade física e moral da persoa (prohibición de torturas, penas e
pena de morte).
b)
Invocouse en España para soster a inconstitucionalidade do aborto. Aínda
que é un dereito ilimitado, certas prácticas abortivas son lícitas.
2.1.3.- Liberdade ideolóxica, relixiosa ou de culto (pon fin á tradición
española de unidade entre a igrexa e o Estado)
2.1.4.- Garantias procesais e penais
a)
Dereito ao xuíz ordinario
b)
Que o detido sexa informado de xeito rápido e comprensible
c)
O dereito de habeas corpus
d)
A pena privativa de liberdade orientala a conseguir a rehabilitación
social
2.1.5.- Dereito ao honor, intimidade persoal e propia imaxe
a)
Dereito importante hoxe co avance dos procedementos técnicos
b)
Que permiten un fácil acceso ilícito ao ámbito privado das persoas
2.1.6.- Liberdade de expresión
a)
É o dereito fundamental por excelencia
b)
Se non se garantiza, non está garantizado ningún outro dereito
2.1.7.- Dereito de reunión: En España aténdese a dous extremos:
a)
Que se trate de reunións pacíficas e sen armas
b)
Que se produzan en lugares privados, ou de tránsito público, ou se trate
de manifestacións.
2.1.8.- Dereito de asociación
a)
Forma específica do dereito de reunión
b)
Ten relación coa liberdade de creación de partidos políticos
c)
É un indice que emprega a Ciencia Política para medir o grao de
modernización dos sistemas políticos: as sociedades evolucionadas presentan a
maior cantidade de asociacións.
2.1.9.- Dereito de participación
a)
Reservados ás persoas de nacionalidade española
b)
Só nas locais concédese o dereito aos estranxeiros
c)
Isto é un paso para eliminar barreras e chegar en Europa á construcción
dun único Estado.
2.1.10.- Dereito á tutela efectiva de xuices e tribunais
a)
Garantir un recurso seguro e eficaz
b)
Esta garantía de tutela cristaliza en (lei orgánica. 1. xullo de 1985)
c)
Esa tutela efectiva faise dende unha perspectiva constitucional,
obrigando o interpretar as leis “segundo os preceptos e principios
constitucionais”
2.1.11.- Dereito á educación
a)
Na súa totalidade é un dereito, pero a básica é un deber de cumprimento
gratuito
b)
Este dereito regulado no ano 1985 planteou conflictos entre a ensinanza
privada e o Estado:
I.
Pola hexemonía ideolóxica
II.
E polos problemas financeiros da administración escolar.
c)
A ensinanza superior regulamentada no seu momento no ano 1983:
I.
Regula sen excesivas trabas as Universidades privadas
II.
Busca fórmulas de integrar a Universidade na sociedade civil (concellos
sociais).
2.2.-
Dereitos políticos
a)
Os que son causa e efecto da condición do ser humano de ser membro dunha
colectividade organizada
b)
Como persoa non é necesariamente sinónimo de cidadán, a falta de dereitos
que afectan a esta segunda condición, non ten porqué afectar á primeira.
2.2.1.- Dereito de petición. Capacidade para solicitar dos
poderes públicos, sen prexulgar a resposta á solicitude.
2.2.2.- Dereito de sufraxio
a)
Dereito de sufraxio universal na elección a todos os órganos públicos
representativos
b)
A todo cidadán maior de 18 anos
c)
Recoñecido en certas circunstancias aos estranxeiros nas eleccións locais
2.2.3.- Dereito á creación de partifdos políticos
2.2.4.- A iniciativa lexislativa popular
a)
Institucións de “democracia directa”
b)
O electorado sustitue a función dos órganos de representación.
2.3.-
Dereitos sociais e económicos
a)
Son importantes para comprenderen o Estado Contemporáneo como Estado do
benestar
b)
Non se garantiza a xustiza adecuadamente, asegurando tan só o libre
exercicio dos dereitos fundamentais e políticos clásicos
c)
Serviron para dar canle xurídico á loita de clases ou aos conflictos
sociais.
2.3.1.- Dereito ao traballo (en condicións de salario xusto, xusto trato,
circunstancias ambientais axeitadas, etc.)
2.3.2.- Dereito de sindicación
a)
Regulamentado no seu momento no ano 1977 para todos os traballadores,
agás os da administración civil e militar do Estado
b)
Garantiza os de folga e conflicto colectivo.
2.3.3.- Liberdade de empresa
a)
No marco dunha economía de mercado, pois esta non existe sen liberdade de
empresa
b)
Calquera pode fundar a súa empresa sen que ninguén lle diga como ten que
rexela.
2.3.4.- Dereito a un réxime público da seguridade social
a)
O aspecto máis característico da crise fiscal do Estado do benestar son
os problemas de financiación da seguridade social
b)
O seu orzamento no ano 1986 supón aproximadamente a metade do orzamento
da nación.
2.3.5.- Dereito a unha vivenda digna. Este dereito carece de antecedentes na
historia constitucional española.
2.3.6.- Dereito ao medio ambiente. A súa degradación por procesos produtivos
comezou a ser un problema global.
2.3.7.- Dereito de acceso á cultura. O libre acceso aos bens culturais é un dos
elementos distintivos do Estado do benestar contemporáneo.
3.-
Clasificación dos dereitos e liberdades pola forma de garantía
a)
As formas de protección son máis sólidas nos fundamentais, máis livianas
nos políticos, e quedan moi diminuídas nos sociais e económicos.
b)
Polas formas de protección e garantías, cabe distinguir tres tipos:
I.
dereitos de protección reforzada
a.
trátase dos dereitos e liberdades fundamentais
b.
reforzada no sentido de que só poden regulamentarse mediante lei
orgánica, que é norma de rango constitucional
c.
protexidos por un procedemento en via xudicial ordinaria, esgotada esta,
pásase ao recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional.
II.
dereito de protección plena
a.
regulamentanse mediante lei ordinaria
b.
son os que chamamos políticos
III.
dereito de protección ordinaria
a.
son os dereitos económicos e sociais
b.
aos que a constitución chama “principios rectores da política social e
económica”
c.
non son alegables sen máis ante os tribunais, senón só en función das
leis que os desenvolven.
4.- Os
límites dos dereitos
a)
A convivencia implica a necesidade de garantir o exercicio dos dereitos e
a de admitir límites a tal exercicio
b)
A orde social parece ser posible porque se admiten límites ao exercicio
duns dereitos que, han ser ilimitados.
c)
Tres
tipos de límites:
I.
temporais: momentos en que os dereitos non poden exercitarse libremente,
por exemplo: o dereito de participación que supón un referendo non pode
exercitarse en periodos electorais.
II.
intrínsecos: os que derivan da propia natureza da cuestión, por exemplo:
na orde económica e social capitalista, o dereito ao traballo ten un evidente
límite intrínseco.
III.
extrínsecos: organízanse mediante determinacións exteriores:
a.
ordinarias: as que fan referencias aos dereitos alleos á orde pública e
incluso ao interese público.
b.
extraordinarias: as que derivan de situacións de emerxencia.
5.- A
suspensión dos dereitos e liberdades
a)
Son suspensións co fin de garantir a “defensa da constitución”
b)
Contamos coa posibilidade dunha dictadura constitucional en casos de
ameazas graves á orde pública, danse varios tipos de suspensión:
I.
persoal: suspensión de dereitos concretos a unha persoa ou grupo de
persoas.
II.
Territorial: suspensión do exercicio de determinados dereitos para todo o
mundo nun ámbito especial determinado.
III.
Temporal: suspensión de todos ou algúns dos dereitos durante periodos de
tempo.
|