|
Dado
por sentado que os dereitos da muller desenvólvense nun marco xeral de evolución
dos dereitos humanos en xeral cumpre, non obstante, sinalar o seguinte:
Durante a Idade Media a inseguridade dos campesiños lévalles a
estabelecer contratos feudais cos señores polos que se converten nos seus
servos. Nestes contratos fíxanse os térmos da relación na que a meirande parte
dos dereitos están do lado dos señores e a meirande parte dos deberes está del
dos servos. Xeneralmente os aspectos contratados son de tipo económico mais o
estabelecemento dos señoríos como entidade xurídica e social supón a primacía do
señor tamén en aspectos xurídicos, xudiciais e de administración. O señor
acostumaba a comportarse como un rei no seu propio territorio.
A sociedade da Idade Moderna segue sendo estamental malia que,
dende a Baixa Idade Media, a aparición da burguesía vén poñer en crise ese
sistema. A burguesía escápase da dominación xurídica dos señoríos e acada cotas
de liberdade da que non gozan os campesiños servos. Algúns membros desa
burguesía van enriquecéndose progresivamente, co comercio primeiro e coa
industria despois, o que lles leva intentar o ascenso social comprando títulos
de nobreza. Porén o sistema é tan pechado que moi poucos poden acceder a esa
condición de nobreza.
Durante o século XVIII o aumento das clases populares urbanas e o
desenvolvemento da burguesía fai que aumente o sentemento de inxustiza social e
política. As ideas de algúns filósofos así como,pouco despois, as doutrinas do
socialismo e comunismo utópicos comezan a proclamar os dereitos para todos os
individuos.
Con estes antecedentes chégase ao final do Século XVIII co firme
desexo do tercer Estado de reclamar os mesmos dereitos para todos (o que se
estende a todo o Século XIX). A partir da existencia en diversos países de
Europoa e de América da constitución como lei escrita suprema que rexe a vida
política do país, recóllense nela os dereitos e deberes aceptados pola maioría.
As primeiras declaracións de dereitos foron a de 1776 de Virginia
nas colonias inglesas de América e a declaración dos Dereitos do home e do
Cidadán que proclama a Asemblea Nacional Francesa de 1789 e que se recolle na
Constitución Francesa de 1791. Ámbolos dous textos inflúen decisivamente no
constitucionalismo, non só en España, senón en todos os países que van
incorporándose ao longo do século.
Actualmente os dereitos e liberdades podénse agrupar en tres
apartados:
-
os
dereitos e liberdades persoais.
-
Os
dereitos cívico-políticos.
-
Os
dereitos económico-sociais.
É moi
interesante facer un repaso dos dereitos e liberdades que recolle cada texto
constitucional para darnos conta de algúns aspectos que poden pasarnos
desapercibidos da historia ou que no momento presente resúltannos increíbles. Os
textos constitucionais que se consideran máis conservadores son máis
restrictivos e recollen menos dereitos e liberdades mentres que os textos máis
progresistas amplían no posible eses dereitos e liberdades. Na táboa seguinte
saliéntanse máis aqueles que van aparecendo ou que resultan de interese
particular.
|
Estatuto de Bayona 1808 |
-Imprenta
-Habeas corpus
-Inviolabilidade
domicilio
-Abolición
do tormento. |
|
Constitució 1812 |
-Imprenta
-Pensamento
-Habeas corpus
-Inviolabilidade do domicilio
-Protección á propiedade. |
|
Estatuto Real de 1834 |
-non se regulan. |
|
Constitución de 1837 |
-Expresión
-Habeas corpus
-Inviolabilidade do domicilio
-Protección á propiedade
-Petición a Cortes ou Rei
-Xurados delictos imprenta. |
|
Constitución de 1845 |
-Expresión
-Habeas corpus
-Inviolabilidade domicilio
-Protección á propiedade con limitacións. |
|
Proxecto constitucional de 1852 |
-Habeas corpus
-Inviolabilidade domicilio
-Liberdade de residencia
-Non se recoñecen as liberdades e dereitos políticos. |
|
Constitución nonnata de 1856 |
-Expresión
-Habeas corpus
-Inviolabilidade domicilio
-Xurados delictos de imprenta
-Protección á propiedade con limitacións. |
|
Constitución de 1869 |
-Expresión, reunión, asociación
-Seguridade xurídica
-Habeas corpus
-Inviolabilidade do domicilio
-Inviolabilidade de correspondencia privada. |
|
Proxecto constitucional da 1ª República de 1873 |
-Expresión, reunión, asociación
-Seguridade xurídica
-Inviolabilidade domicilio
-Inviolabilidade de correspondencia
-Protección aos dereitos humanos. |
|
Constitución de 1876 |
-Recoñece todos os dereitos e liberdades
-Reunión, imprenta, asociación, sufraxio,...
-Mais as leis que os regulan son restrictivas. |
|
Proxecto constitucional de 1929 |
-Seguridade xurídica
-Habeas corpus
-Inviolabilidade domicilio
-Inviolabilidade correspondencia
-Expresión, reunión, asociación,... |
|
Constitución de 1931 |
-Xuizos por xuiz competente
-Libre circulación polo territorio nacional
-Inviolabilidade domicilio e correspondencia
-Libre profesión, industria e comercio
-Petición a poderes públicos
-Emprego e cargos públicos |
|
Leis Fundamentais do Reino de 1938-67 |
-Protección ao traballador
-Respeto a liberdade humana
-Igualdade ante a lei
-Propiedade privada, expresión, reunión, asociación.
-Existen leis restrictivas aos dereitos mencionados, de tal xeito que só
son dereitos formais, non reais. |
|
Constitución de 1978 |
-Todos os dereitos e liberdades recoñecidos internacionalmente.
-Establecense garantías para o seu cumprimento. |
Dende
un punto de vista mais detallado, pódese engadir a este esquema-resumo os
seguintes comentarios:
CONSTITUCIÓN DE BAIONA DE 1808:
Considérase unha
carta outorgada, posto que non foi elaborada polos representantes da Nación.
Naceu dun contexto complexo, ditado fóra do territorio nacional e cun marcado
carácter afrancesado, apoiado polos liberais moderados. O proxecto de Estatuto
foi presentado por Napoleón a 65 deputados españois aos que só se lles permitíu
deliberar sobre o seu contido. Non existíu vontade previa de elaborar un
documento constitucional, impúsoselles un texto e aceptouse por unhas Cortes
reducidas convocadas en territorio francés.
Respecto dos dereitos
e liberdades, cabe salientar o exacerbado carácter confesional que se lle
atribúe a España:
O artigo 1 sinalaba
que “ A relixión Católica, Apostólica e Romana, en España e en todas as
posecións españolas, será a relixión do Rei e da Nación e non se permitirá
ningunha outra”.
Nun último título
contémplase (disposicións xerais) unha serie de dereitos e liberdades. A
influencia da Revolución Francesa foi importante: regúlanse dereitos dos inicios
do liberalismo burgués, o que supoñía un avance respecto a situación existente:
-
Supresión de alfándegas interiores.
-
Inviolabilidade do domicilio.
-
Liberdade persoal.
-
Dereitos do detido e preso.
-
Abolición do tormento (relacionado coa integridade física e moral).
Hai que
dicir que, aínda que se trata dunha “constitución” proposta dende Francia para
España, porén, non incorpora moitas das evidentes melloras constitucionais e
legais en xeral que se foron incluíndo na propia Francia dende 1791.
CONSTITUCIÓN DE 1812:
A constitución xogará
un papel moi importante en canto símbolo do constitucionalismo decimonónico:
representa a bandeira do liberalismo español durante décadas fronte ás posicións
absolutistas. A pesar do seu simbolismo, a súa vixencia foi moi reducida e
intermitente: estivo en vigor só seis anos e en períodos distintos:
- 1812 a 1814 (volta
Fernando VII e deroga o texto).
- 1820 (inicio do
trienio liberal) a 1823. Volta Fernando VII cos 100. 000 fillos de San Luis e
volve a derogarse.
- 1836 a 1837 (cando
promúlgase unha nova constitución).
En relación cos
dereitos e deberes dos cidadáns, a constitución carece dun título específico,
pero ó longo do texto recóllense de forma diseminada distintos dereitos. Por
unha banda, o artigo 12 (a relixión da nación española é e será perpetuamente a
Católica, Apostólica e Romana, e a nación protexea por leis sabias e xustas e
prohíbe o exercicio de calquera outra) é confesional e cerradamente confesional,
ao impoñer unha relixión e prohibir o resto. É pois, a sensu contrario, a
negación da liberdade relixiosa. Incluso no proxecto de código penal de 1820,
que é un resultado desta constitución, impónse a pena de morte a quen defenda
calquera outra relixión diferente da Católica.
Os dereitos
recoñecidos e diseminados polo texto reproducían os dereitos individuais
burgeses importados da Revolución francesa; así, o artigo 4 fala da liberdade
civil, a propiedade e os demáis dereitos lexítimos. A igualdade parece enunciada
de forma menos enfática que na Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán de
1789, formúlase a existencia dun só foro para toda clase de persoas en causas
civís e criminais e recoñecíase o sufraxio activo. Existía liberdade de
expresión (excepto no relativo aos escritos relixiosos).
Manifestábanse
garantías nas detencións e procesos xudiciais: prohibición do tormento,
inviolabilidad persoal e domiciliaria, o Habeas Corpus, a ser informado das
causas, entre outras. Dedicábase un título específico á instrucción pública,
dando importancia á ensinanza e recoñecendo o dereito a unha instrucción
pública para todos os cidadáns.
ESTATUTO REAL DE 1834:
Co
sistema do Estatuto Real instáurase un réxime de natureza oligárquica: o corpo
electoral non chega ao 1% . Pensado para manter os privilexios da Coroa e dunha
minoría. Este código político diferénzase basicamente dunha constitución por non
conter referencias aos dereitos e liberdades e non emanar da vontade popular.
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1837:
O
Estatuto Real mantívose vixente ata 1836, cando a Garda Real da Granxa, impuso á
raiña Rexente o restabelecemento da Constitución de 1812 e a convocatoria de
Cortes Constituíntes. Mantíñase a declaración de soberanía nacional e dos
dereitos cidadáns do texto gaditano, a división de poderes e un cambio no
sistema electoral. Aínda que tamén se fixeron concesións aos liberais moderados
(dereito de veto da coroa sobre as leis elaboradas polas cortes, designación da
metade dos senadores polo rei) etc.
CONSTITUCIÓN DE 1845:
Trala
renuncia da raíña Rexente en prol de Espartero, disólvese o Senado, proclámase a
maioría de idade da raíña Isabel II, e convócanse novas Cortes para reformar a
Constitución. O texto resultante non é unha simple reforma do anterior, senón
que se remite a regulación dos dereitos proclamados a leis posteriores que
resultaron fortemente restrictivas. Destaca na parte orgánica un aumento dos
poderes do rei. Continuou a relixión católica como relixión oficial do Estado.
Foi unha constitución conservadora, restictiva na regulación de dereitos e
liberdades, que estabelecía a soberanía compartida entre o Rei e as Cortes.
PROXECTO CONSTITUCIONAL DE 1852:
Trala Revolución de
1848, o conservador Bravo Murillo, presidente do consello de ministros durante a
Década Moderada elaborou un proxecto constitucional en 1852 cuxo obxectivo era
voltar a unha normativa absolutista máis propia do Antigo Réxime ou do Estatuto
Real de 1834. A oposición ao texto constitucional foi de tal natureza que non
prosperou.
CONSTITUCIÓN NON PROMULGADA DE 1856:
Pónse
en marcha o Bienio Progresista que vai a redactar un proxecto de constitución.
Esta constitución do goberno de O’Donnell non era máis cá constitución do 45
cunha acta adicional onde se recollían algúns principios progresistas.
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1869:
Primeiro intento de crear un Estado democrático. Despois de que a Corte
fuxira cara a Francia, o poder supremo confiouse ao xeneral Serrano, que
convocou Cortes Constituíntes que elaboraron un novo texto constitucional. Esta
constitución foi unha constitución democrática que estivo vixente ata o ano
1871. A soberanía era nacional e o poder estaba dividido: o poder lexislatico
tíñao as cortes, o poder executivo residía no rei e o poder xudicial nos
tribunais. A relixión católica segue a ser a relixión oficial do estado aínda
que podíase exercer calquera outra en privado. Manténse, porén, o sufraxio
universal só masculino. Recollía un elenco moi completo de dereitos e
liberdades.
PROXECTO DE CONSTITUCIÓN FEDERAL DE 1873:
Elaborada durante a I
República que non chegou a promulgarse, definía a España como unha República
Federal, integrada por dezasete Estados, que se daban a súa propia constitución
e que posuirían órganos lexislativos, executivos e xudiciais, segundo un sistema
de división de competencias entre a Federación e os Estados membros. Porén, a
imposibilidade de chegar a un acordo para artellar o funcionamento dos Estados
dentro da federación, impediu que chegara a bo fin o proxecto.
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1876:
Trala
disolución da I República polo xeneral Pavía, non conseguíu que ningún grupo
político ofrecera unha fórmula estable de goberno. Nesta situación, o futuro
Afonso XII, dende Inglaterra dirixíuse aos españois ofrecéndose para gobernar
baixo a fórmula de monarquía liberal.
PROXECTO CONSTITUCIONAL DE 1929:
O golpe
de Estado de Primo de Rivera presentábase como unha medida excepcional e
transitoria para solucionar os graves problemas vixentes. O réxime establecido
por Primo de Rivera foi esencialmente autoritario, populista, paternalista e
excesivamente optimista.
Fracasada a etapa constitucional de 1876, por considerala a causante de todos os
males políticos de España, en xullo de 1929 presentouse o proxecto de nova
constitución que establecía:
·
unha
organización territorial unitaria e centralizada;
·
unhas
Cortes ou Asemblea única de composición tripartita e desigual (a metade dos
deputados elixidos por sufraxio universal, outros designados polo rei e os
demais eran de representación corporativa);
·
a
relixión católica como a oficial do Estado;
·
un
Consello do Reino consultivo do monarca para a designación do xefe do Goberno e
para a aprobación ou veto das leis.
Este
proxecto foi acollido con fortes críticas, tanto polos políticos liberais como
polos partidos de esquerdas, e ante a falta de apoio, foi retirado.
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1931:
Asistimos ao segundo intento de afianzar un Estado democrático (1931-1936).
Algunhas das características que presentaba esta constitución son:
·
Dende o
punto de vista da organización do territorio esta constitución intentou
harmonizar as esixencias dos federalistas e as dos unitarios-centralistas. A
solución foi o chamado “Estado Integral”: o Estado era único, pero as rexións
podían acceder se querían a unha autonomía máis limitada cá actual.
·
Outra
característica foi a estricta separación que se estableceu entre igrexa-estado
para evitar as interferencias desta.
·
Sistema
unicameral.
·
A
característica máis salientable da 2ª República foi a creación dun tribunal co
obxectivo específico de protexer a constitución.
·
Amplo
catálogo de dereitos individuais, por exemplo, sufraxio universal para homes e
mulleres maiores de 25 anos. Especialmente, o voto feminino introdúcese por
primeira vez no noso país.
LEIS
FUNDAMENTAIS DE 1938-1977:
Coñécense como o conxunto de leis que establecían o entramado
político-institucional do modelo de Estado instaurado polo xeneral Franco trala
Guerra Civil española. Esta dictadura de carácter persoal e autoritario suprimiu
as liberdades políticas e a nova legalidade estivo representada polas chamadas
Leis Fundamentais elaboradas por Franco e os seus colaboradores e aprobadas por
unhas Cortes non representativas.
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978:
Constitución vixente na actualidade. O logro máis importante desta Constitución
de 1978 é que contribuíu a resolver problemas históricos que empañaban a vida do
pobo español dende había un século. O estabelecemento dun novo Estado de
Autonomía Rexional, a regulación do papel da Coroa e a des-estatalización da
igrexa, foron elementos esenciais para canalizar, de maneira pacífica,
conflictos ata entón endémicos.
|