|
Pagina nueva 1
As
máis salientables de todas elas son:
1.
a necesidade ineludible de adoptar unha perspectiva multidisciplinar no
estudo do concepto e desenvolvemento dos dereitos da muller no marco do
desenvolvemento constitucional español e europeo, saíndo do enclaustramento
actual das Ciencias Sociais nunha pura metodoloxía positiva e descriptiva,
para abrirse máis a enfoques normativos e a unha interacción como mínimo con
materias ou dominios como a Filosofía, Ética, Filosofía do Dereito, Economía,
etc.;
2.
así como a necesidade, nun segundo lugar, de, nun certo sentido,
apartarse da lei, no sentido de deixar de mirar ao dereito, e mirar á
sociedade, na que a linguaxe dos dereitos é importante, pero domina máis
a linguaxe das prácticas sociais, única forma de observar dun xeito efectivo
o cambio social operado, ou non, nas conductas non-femininas e na percepción e
práctica por parte das mulleres da súa propia condición.
3.
En resumo,
con este
proxecto, pretendíamos por unha banda, estudar os cambios sociais ocurridos na
España contemporánea dende un punto de vista preferentemente
lexislativo-constitucional e a paralela evolución dos dereitos da muller no noso
país e, por outro, pretendíamos proxectar este estudo a través dun portal de
información en Internet, no que se recolleran algúns dos documentos máis
salientables relativos a este asunto, comezando polos diversos textos
constitucionais, con especial referencia aos dereitos civís e políticos
da muller, para a continuación poñer a disposición dos alumnos de ciencias
sociais, primeiro, e logo, máis adiante, de todo o mundo interesado por estes
temas, presentacións gráficas nas que se desenvolvan exposicións xerais das
principais liñas definitorias deste Século das Mulleres.
4.
Tamén temos inseridos datos e unha exposición xeral das representantes políticas
máis salientables do movemento de defensa dos dereitos femininos en España, na
etapa da segunda república en primeiro lugar, e na actual etapa constitucional,
despois.
5.
Cremos que este proxecto ten mostrada unha evidente natureza transversal
(educación en valores, formación constitucional, educación para a igualdade),
cuxo obxectivo primordial sería a educación en valores, xa que consideramos que
a educación ou educa en valores ou non é educación. É un principio básico que
está retomando o pensamento pedagóxico e as prácticas educativas emancipadoras,
co convencemento de que, a pesar das dificultades, a educación debe ser
integral, para que sexa educación. Temos que acadar no alumnado unha formación o
máis integral posíbel e para elo son fundamentais os contidos transversais. Os
temas da igualdade, da democracia, etc., son contidos transversais que
complementan os restantes contidos curriculares. Consideramos moi negativa a
forte influencia que os medios de comunicación social teñen nos alumnos no
relativo aos valores, actitudes... de xeito que consideramos que os profesores
debemos xogar un papel máis relevante neste sentido e establecer unha relación
cos contidos sobre todo das materias de Historia Contemporánea do departamento
de Ciencias Sociais, que xustifican sobradamente o seu interese, sobre todo,
porque lonxe de estar realizados na práctica os dereitos da muller, necesitan
unha reflexión e un reforzamento constante, en especial no ámbito da educación
secundaria.
6.
Reforzando o traballo educativo nos contidos relativos á igualdade de xénero,
poderiamos contribuir, como indican os estudos máis serios sobre o asunto da
violencia de xénero, a remover algunhas das bases ideolóxicas e comportamentais
da nosa sociedade desigual. A educación non é o único resorte para o cambio
social, pero proxectos que incidan sobre a raíz dalgúns problemas sociais, poden
contribuir positivamente a súa solución.
|
|