Capítulo 5 |
||
5. DEREITOS E LIBERDADES:
1.- A declaración de dereitos
- En España non hai tradición de declaración de dereitos separada do texto constitucional. - Na tradición española hai unha pronta inclusión das tarefas de estabelecemento de dereitos nas constitucións: a) A de 1837 fai unha relación de dereitos fundamentais que pasaría case intacta á de 1845. b) A revolucionaria de 1869 contén unha declaración moi prolixa que se sistematiza e recorta na de 1876. c) E a de 1978 inclúe a táboa de dereitos.
- A relación de dereitos fundamentais é moi extensa e moi detallada na Constitución. Por que? a) Para garantir que a declaración de dereitos non ía quedar convertida en pura declaración. b) A partir do periodo político anterior, requeríase garantir o exercicio dos dereitos e a natureza destes como “inviolables” e “inherentes” á persoa.
2.- Clasificación dos dereitos e liberdades:
- É unha tarefa ardua por varios motivos: a) Pola elevada cantidade b) Polo desorde en que están situados c) Pola relativa polisemia da Constitución - Son difíciles de clasificar porque son moi complexas e non se prestan a tipoloxías fáciles. - Porque o seu alcance non é en todo caso o mesmo nin tampouco o seu ámbito, e porque uns parecen previos e requisitos dos outros sen que exista un criterio uniforme para averigualo. - Pola intervención dos xuizos valorativos nas cuestións dos dereitos.
En resume, o máis prudente pode ser facer tres grupos o máis amplo posible: a) Dereitos fundamentais, que son anteriores ao Estado e que este recoñece cando se atopan sometidos a súa autoridade, con indenpendencia da súa nacionalidade. b) Dereitos políticos, presupón unha orde política, aquel que converte ás persoas privadas en “cidadáns”. c) Dereitos sociais e económicos, el que aparezcan singularizados implica que a división tomou como referencia non aos titulares do dereito, senón ao contido deste.
2.1.- Dereitos fundamentais “inherentes ao individuo e requisitos da plena dignidade da persoa. Son os dereitos chamados humano como innatos” 2.1.1.- Igualdade ante a lei a) Ausencia de discriminación persoal ou social b) Supón tratar de xeito desigual aos desiguais co fin de que reine unha igualdade verdadeira. 2.1.2.- O dereito á vida a) Integridade física e moral da persoa (prohibición de torturas, penas e pena de morte). b) Invocouse en España para soster a inconstitucionalidade do aborto. Aínda que é un dereito ilimitado, certas prácticas abortivas son lícitas. 2.1.3.- Liberdade ideolóxica, relixiosa ou de culto (pon fin á tradición española de unidade entre a igrexa e o Estado) 2.1.4.- Garantias procesais e penais a) Dereito ao xuíz ordinario b) Que o detido sexa informado de xeito rápido e comprensible c) O dereito de habeas corpus d) A pena privativa de liberdade orientala a conseguir a rehabilitación social 2.1.5.- Dereito ao honor, intimidade persoal e propia imaxe a) Dereito importante hoxe co avance dos procedementos técnicos b) Que permiten un fácil acceso ilícito ao ámbito privado das persoas 2.1.6.- Liberdade de expresión a) É o dereito fundamental por excelencia b) Se non se garantiza, non está garantizado ningún outro dereito 2.1.7.- Dereito de reunión: En España aténdese a dous extremos: a) Que se trate de reunións pacíficas e sen armas b) Que se produzan en lugares privados, ou de tránsito público, ou se trate de manifestacións. 2.1.8.- Dereito de asociación a) Forma específica do dereito de reunión b) Ten relación coa liberdade de creación de partidos políticos c) É un indice que emprega a Ciencia Política para medir o grao de modernización dos sistemas políticos: as sociedades evolucionadas presentan a maior cantidade de asociacións. 2.1.9.- Dereito de participación a) Reservados ás persoas de nacionalidade española b) Só nas locais concédese o dereito aos estranxeiros c) Isto é un paso para eliminar barreras e chegar en Europa á construcción dun único Estado. 2.1.10.- Dereito á tutela efectiva de xuices e tribunais a) Garantir un recurso seguro e eficaz b) Esta garantía de tutela cristaliza en (lei orgánica. 1. xullo de 1985) c) Esa tutela efectiva faise dende unha perspectiva constitucional, obrigando o interpretar as leis “segundo os preceptos e principios constitucionais” 2.1.11.- Dereito á educación a) Na súa totalidade é un dereito, pero a básica é un deber de cumprimento gratuito b) Este dereito regulado no ano 1985 planteou conflictos entre a ensinanza privada e o Estado: I. Pola hexemonía ideolóxica II. E polos problemas financeiros da administración escolar. c) A ensinanza superior regulamentada no seu momento no ano 1983: I. Regula sen excesivas trabas as Universidades privadas II. Busca fórmulas de integrar a Universidade na sociedade civil (concellos sociais). 2.2.- Dereitos políticos a) Os que son causa e efecto da condición do ser humano de ser membro dunha colectividade organizada b) Como persoa non é necesariamente sinónimo de cidadán, a falta de dereitos que afectan a esta segunda condición, non ten porqué afectar á primeira. 2.2.1.- Dereito de petición. Capacidade para solicitar dos poderes públicos, sen prexulgar a resposta á solicitude. 2.2.2.- Dereito de sufraxio a) Dereito de sufraxio universal na elección a todos os órganos públicos representativos b) A todo cidadán maior de 18 anos c) Recoñecido en certas circunstancias aos estranxeiros nas eleccións locais 2.2.3.- Dereito á creación de partifdos políticos 2.2.4.- A iniciativa lexislativa popular a) Institucións de “democracia directa” b) O electorado sustitue a función dos órganos de representación. 2.3.- Dereitos sociais e económicos a) Son importantes para comprenderen o Estado Contemporáneo como Estado do benestar b) Non se garantiza a xustiza adecuadamente, asegurando tan só o libre exercicio dos dereitos fundamentais e políticos clásicos c) Serviron para dar canle xurídico á loita de clases ou aos conflictos sociais. 2.3.1.- Dereito ao traballo (en condicións de salario xusto, xusto trato, circunstancias ambientais axeitadas, etc.) 2.3.2.- Dereito de sindicación a) Regulamentado no seu momento no ano 1977 para todos os traballadores, agás os da administración civil e militar do Estado b) Garantiza os de folga e conflicto colectivo. 2.3.3.- Liberdade de empresa a) No marco dunha economía de mercado, pois esta non existe sen liberdade de empresa b) Calquera pode fundar a súa empresa sen que ninguén lle diga como ten que rexela. 2.3.4.- Dereito a un réxime público da seguridade social a) O aspecto máis característico da crise fiscal do Estado do benestar son os problemas de financiación da seguridade social b) O seu orzamento no ano 1986 supón aproximadamente a metade do orzamento da nación. 2.3.5.- Dereito a unha vivenda digna. Este dereito carece de antecedentes na historia constitucional española. 2.3.6.- Dereito ao medio ambiente. A súa degradación por procesos produtivos comezou a ser un problema global. 2.3.7.- Dereito de acceso á cultura. O libre acceso aos bens culturais é un dos elementos distintivos do Estado do benestar contemporáneo.
3.- Clasificación dos dereitos e liberdades pola forma de garantía a) As formas de protección son máis sólidas nos fundamentais, máis livianas nos políticos, e quedan moi diminuídas nos sociais e económicos. b) Polas formas de protección e garantías, cabe distinguir tres tipos: I. dereitos de protección reforzada a. trátase dos dereitos e liberdades fundamentais b. reforzada no sentido de que só poden regulamentarse mediante lei orgánica, que é norma de rango constitucional c. protexidos por un procedemento en via xudicial ordinaria, esgotada esta, pásase ao recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. II. dereito de protección plena a. regulamentanse mediante lei ordinaria b. son os que chamamos políticos III. dereito de protección ordinaria a. son os dereitos económicos e sociais b. aos que a constitución chama “principios rectores da política social e económica” c. non son alegables sen máis ante os tribunais, senón só en función das leis que os desenvolven.
4.- Os límites dos dereitos a) A convivencia implica a necesidade de garantir o exercicio dos dereitos e a de admitir límites a tal exercicio b) A orde social parece ser posible porque se admiten límites ao exercicio duns dereitos que, han ser ilimitados. c) Tres tipos de límites: I. temporais: momentos en que os dereitos non poden exercitarse libremente, por exemplo: o dereito de participación que supón un referendo non pode exercitarse en periodos electorais. II. intrínsecos: os que derivan da propia natureza da cuestión, por exemplo: na orde económica e social capitalista, o dereito ao traballo ten un evidente límite intrínseco. III. extrínsecos: organízanse mediante determinacións exteriores: a. ordinarias: as que fan referencias aos dereitos alleos á orde pública e incluso ao interese público. b. extraordinarias: as que derivan de situacións de emerxencia.
5.- A suspensión dos dereitos e liberdades a) Son suspensións co fin de garantir a “defensa da constitución” b) Contamos coa posibilidade dunha dictadura constitucional en casos de ameazas graves á orde pública, danse varios tipos de suspensión: I. persoal: suspensión de dereitos concretos a unha persoa ou grupo de persoas. II. Territorial: suspensión do exercicio de determinados dereitos para todo o mundo nun ámbito especial determinado. III. Temporal: suspensión de todos ou algúns dos dereitos durante periodos de tempo.
|
||
(C) 2007 - Quedan todos os dereitos reservados |
||