Capítulo 2 |
||
2. ELEMENTOS PARA O ESTUDO DO DESENVOLVEMENTO CONSTITUCIONAL NA ESPAÑA CONTEMPORÁNEA.
2.1. CONCEPTOS PREVIOS:O estudo da evolución dos dereitos da muller no marco do desenvolvemento constitucional español, o noso principal obxectivo, fai necesario que se precisen e aclaren certos conceptos previos.
1. Qué é unha constitución? · Lei fundamental dun Estado. · Establece o réxime e a forma política do Estado. · Inclúe catálogo de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns. · Inclúe sistema de separación ou equilibrio de distintos poderes do Estado e institucións que o exercen: o Poder lexislativo (Parlamento ou Cortes). o Poder executivo de gobernar (Goberno). o Poder xudicial (Tribunais de xustiza). · Debe concretar as prerrogativas do xefe do Estado.
2. Características dunha constitución: · Soberanía nacional: debe estar elaborada polos representantes dos cidadáns. · División de poderes: debe establecer unha organización e separación dos poderes do Estado: lexislativo, executivo e xudicial. · Dereitos e liberdades: debe conter de forma expresa os dereitos, deberes e as liberdades dos cidadáns.
3. Contidos dunha constitución: · Principios e valores constitucionais. Dereitos e deberes dos cidadáns. · Organización, competencias e funcionamento dos poderes públicos.
4. Cando xorden as constitucións? · Século XVII. Revolución Inglesa. (Locke, Berkeley, Adam Smith). · Desenvolvemento das ideas políticas ilustradas no período prerrevolucionario. Rousseau, Voltaire, Montesquieu. · A primeira constitución foi a dos Estados Unidos de América de 1787. Contía os principios básicos: o Soberanía popular. o División de poderes. o Dereitos e liberdades dos cidadáns. o Tipo de réxime político. o Organización do Estado. · 1791. Constitución francesa.
2.2. ESQUEMA-RESUMO dos antecedentes históricos do constitucionalismo español.
1. A HISTORIA POLÍTICA DE ESPAÑA NO SÉCULO XIX: - é imposíbel a “modernización política” en España? § uns conflictos normais e superados noutras nacións parece que en España “perpetúanse” § Así por exemplo as tres guerras carlistas de 1832 a 1857. - Carácter “proverbial” da inestabilidade do século XIX § Coñécense case “todos os rexímenes políticos”. § Os diferentes momentos serían: a) Constitución de Cádiz de 1812 - Aprobada polas Cortes convocadas pola Rexente en 1810. - A Rexencia sustitúe á Xunta Suprema Central (que concentraba a lexitimidade popular das Xuntas Provinciais). - Consagra: § A forma monárquica de goberno. § Establece a división de poderes. § E a confesionalidade católica do Estado. - Define a “nación española”: é a unión dos españois dos dous lados do Atlántico. b) Fernando VII, chega en 1814 - É abolida a constitución - Neste intre arranca a reivindicación de restaurala. - A súas liñas: § Restabelecemento do Absolutismo. § Supresión das libertades. § Caos na Facenda. § Devolución da primacia á Igrexa Católica. c) Sublevación de Rafael Riego - Estabelecemento dun réxime liberal. - Fernando VII é obrigado a acatar a Constitución de 1812. - Iníciase o “trienio constitucional”. d) Restauración Monárquica Absoluta en Fernando VII - Pola chegada de “os cen mil fillos de San luis”. - Ao mando do duque de Angulema. - Enviados pola Santa Alianza. - É a “decada Ominosa” de 1823 a 1833: § Persecución dos liberais. § Perda de posesións en América (agás Cuba e Porto Rico). § Fráguase o conflicto que acaba nas guerras carlistas: problema sucesorio de Fernando VII.
e) Rexencia de Mª Cristina - Liberalismo doutrinario: prosperidade da burguesía por mor da leis de desamortización. - Estatuto Real de 1834: § Sistema bicameral: unha non electiva e a outra por censo reducido. § Primacia do Rei sobre as Cámaras. f) Sublevación da Granxa en 1836 - Obrígase á Rexente a xurar a Constitución de 1812. - Pouco despois promúlgase a Constitución de 1837. Implica un pacto entre moderados e progresistas, definidos ambos polos seguintes rasgos: § Progresistas: pola declaración unitaria de dereitos. E referencia á “Soberanía Nacional” (recólleo da Constitución de 1812). § Moderados: polo bicameralismo (a de 1812 era unicameral). O carácter híbrido do Senado. E o carácter restrinxido do censo no congreso. g) A Rexencia de Espartero - Foi o resultado da crise política do sistema. - E o seu final coincide co inicio da “década moderada”. h) A “década moderada” - É un retroceso socio-político respecto do Réxime de 1837. - E apróbase a Constitución de 1845: § Supón unha reforma da de 1837, aínda que sustancial. § Aumenta a prerrogativa rexia. § O Senado perde o seu carácter híbrido e faise por designación real. § Réstanse moitas facultades ao Congreso. i) A “ Vicalvarada” - Iníciase o bienio progresista. - Redáctase un proxecto de Constitución de 1856 (constitución nonnata, non entrou en vigor). - Foi un texto progresista como respota ao carácter partidista e unilateral de 1845. j) Non entrou en vigor a de 1856 polo pronunciamento de O’Donnell - Disolve as Cortes. - Restabelece a Constitución de 1845. - Iníciase o período moderado máis longo do século XIX. k) Revolución Gloriosa de 1868 - Surxirá a constitución de 1869 (a máis democrática ata ese momento): § Sufraxio Universal. § Parlamento electivo. § Declaración ampla de dereitos. - Derrocamento de Isabel II. - Asasinato do xeneral Prim. - Abdicación de Amadeo de Saboya, e ábrese o camiño á denominada “crise do século XX”.
2. A CRISE DO SÉCULO XX - O século XX español comeza en 1898 - Derrota na guerra contra Estados Unidos: § Pérdense as posesións non africanas (Cuba, Porto Rico e Filipinas). § Proceso de reflexión colectiva sobre o sentemento da “nación”. - É o inicio da escola denominada “Xeración do 98”.
- De 1900 a 1923 a Restauración funciona mal por dous factores: - Esperta a opinión pública. - O Rei boicotea o funcionamento democrático das institucións.
- É un País Neutral na 1ª Guerra Mundial - Pola crise de identidade aberta en 1898. - Polo illamento internacional nun contexto europeo. - Non obstante, pola 1ª Guerra Mundial economicamente hai certa prosperidade: finalizada a guerra as carteras de pedidos péchanse e chégase a unha difícil situación en 1917, sendo enorme en 1918.
- Varios factores: - As loitas sociais. - Movemento obreiro coa presenza dos anarquistas. - En 1909 Semana Tráxica de Barcelona. - En 1917 únense CNT e UXT e chégase á folga xeral.
- Ao finalizar a 1ª Guerra Mundial - Non serve a estructura xurídico-política da Restauración. - Non serven os partidos dinásticos: § non poden controlar a situación. § E non garantizan a quenda do poder. - A crise de identidade nacional afecta as institucións do Estado: § Deslexitímase a orde pública. § E algún órgano do Estado artéllase á marxe da legalidade estatal. - No campo Rexionalista: § Cambó convoca a Asemblea de parlamentarios catalanes (o desartellamento comenza a tomar corpo). · descontentos cos órganos estatais, os cataláns reúnense pola súa conta. · Artéllase o nacionalismo catalán, que logo se estenderá a outras rexións. - En canto ao exército: As xuntas de Defensa Militares: § organizacións sindicais dos oficiais. § Manifestan a inquietude e indisciplina do exército.
- EN RESUMO: 1. Estas circunstancias fixan as liñas da crise do século XX. 2. Prodúcese o desastre de El Annual. 3. A constitución de 1876 é un texto puramente nominal. 4. O sistema político desmorónase. 5. As institucións carecen de lexitimidade. 6. Problemas de orde pública.
- Ante isto: en 1923 Pronunciamento de Primo de Rivera § Suspéndese a Constitución de 1876. § Non é un novo réxime senón unha paréntese na Restauración.
- A dictadura de Primo de Rivera - Carácter “excepcional” da Dictadura § Pois se trata de poñer fin aos conflictos sociais: · Ilegaliza a CNT e marxina a UXT. · E integra aos socialistas nos comités paritarios. § E poñer fin á impopular Guerra de Africa, mediante o desembarco de Alhucemas. - En vez de dar fin á Dictadura abre unha “fase civil” e inicia un proxecto “constituínte”.
§ O seu primeiro paso foi fundar un partido único: Unión Patriótica. § E por Decreto-Lei de 1927 convoca unha Asemblea Nacional, con criterio puramente corporativo. E as funcións que lle asigna o Decreto: · esperábase o texto dunha nova constitución e de 5 leis orgánicas de desenvolvemento constitucional. · Funcións de control de goberno interpelando, aínda que o goberno poda ou non contestar. · Designar Comisións para investigar a Administración.
- A fin da Monarquía - Dimisión de Primo de Rivera (por falta de apoio) - Inténtase restabelecer a Constitución de 1876 (fracasa pola oposición dos partidos) - Os partidos asinan o “Pacto de San Sebastian” solicitando eleccións municipais. - O Rei nomea Presidente do Consello de Ministros: Almirante Aznar, que convoca as municipais (triunfa Coalición Republicana-Socialista). - O 14 de Abril de 1931: A República (Alfonso XIII ao exilio). · fórmase goberno sobre a base dos asinantes do Pacto de S. Sebastian. · Convocar eleccións a Cortes Constituíntes.
- A segunda República - É un réxime sostido pola esquerda que ha de responder aos ataques da esquerda máis radical. - Eleccións a Cortes constituíntes 28 de xuño de 1931: maioría para republicanos e socialistas. - E proclámase a Constitución de 1931. “Constitución de profesores”. · España como “República de traballadores de todas as clases”. · España como “Estado Integral”, fórmula intermedia entre Estado-federal e Unitario-Centralista. · E decrétase a separación entre igrexa e Estado. - E créase un Tribunal de Garantías Constitucionais; · Control da Constitución das leis. · Conflicto de competencias. · Recursos de amparo. · Xustiza política.
OBSERVACIÓNS: A esquerda ameaza con acudir á revolución se gobernan as dereitas, e as dereitas conspiran en secreto contra a República.
- A Guerra Civil - Sublevación 18-xullo-1936: § Os sublevados son unha Xunta Militar. § E o goberno depende das milicias que organizan desúpeto os partidos. § Existe un “poder dual”, dous territorios e dous Estados. - Configúrase un Réxime “Nacional” de lexitimación carismática, e busca unha lexitimación socio-popular mediante o Foro do Traballo (9-marzo-1938) - Créase Falanxe Española e das JONS (Movemento Nacional).
OBSERVACIÓNS: 1. Non só foi loita de dous mentalidades. 2. Senón de dous formas de organizar o Estado: a) dende un plano orgánico-funcional b) dende un plano territorial. - O fascismo español - A súa forma orgánica: Falanxe española e das JONS - Desprezo da organización política democrática - O seu concepto de “hispanidad” connotación racista - A diferenza doutros, é un fascismo “non civil”
- A República e a Revolución - No bando republicano: § Había un proceso revolucionario en marcha? § Ou as forzas limitáronse a defender a legalidade republicana? - A defensa da República: § a base de unidades fieis ao goberno § e os partidos e centrais organizan un “exercito popular”. - Dúas posturas: § Radicais: a revolución é necesaria para gañar a guerra. § Moderados: primeiro gañar a guerra e logo facer a revolución. - Solución: enfrontamento en Barcelona, maio de 1937.
- O Réxime de Franco - A dictadura perpetúase a si mesma § Foro do Traballo 1938 § Lei de Cortes de 1942 (sistema representativo orgánico) § Foro dos Españois 17 xullo 1945 § Lei de Referendo 22 outubro 1946 § Lei de sucesión § Lei de Principios do Movemento Nacional 17 maio 1958 § Lei Orgánica do Estado 1 xaneiro 1967 - Tres etapas fundamentais: § Etapa fascista: 1936-1945 § Racionalización e Modernización 1945-1959 (canalizar a estructura xurídica do Réxime) § De 1959 (aprobación do plan de estabilización) a 1975: orientación tecnocrática do Réxime.
- dende a Lei Orgánica do Estado (1976) § Sepárase a xefatura do Estado da Presidencia do Goberno. § Autorízanse algunhas organización: “asociacións políticas”
- Problemas de conceptualización do Réxime de Franco - Teoría do Estado nacionalsindicalista (Estado paternalista e benefactor, que resolve a loita de clases intervindo nos sindicatos) - Ao final do Réxime dous sectores enfrontados: § Manter a Dictadura dura § Evolución das institucións. - Segundo Linz: Estado autoritario distinto do Estado totalitario: § Pois mantén distancia entre as institucións públicas e a sociedade. § e admite certas formas de oposición.
- Da transición á Democracia - Presión: § exterior: Europa § interior: os movementos en prol da Democracia. - E aparecen tres posturas: § Manter o Réxime. § Reforma paulatina. § Ruptura total
SOLUCIÓN: Ruptura pactada.
CONCLUSIÓN: como podemos observar España ten unha longa e inestable historia constitucional, debida ás convulsións políticas sufridas nos séculos XIX e XX. O século XX é un bo exemplo da complexidade do sistema político español da época. Sucediéronse diversas e incluso contradictorias etapas histórico-políticas: dúas repúblicas, unha terrible guerra civil, unha durísima dictadura e a reconquista dunha Democracia esperada. Este é o contexto necesario de explicación que permitirá comprender como se xestan os dereitos da muller en España e como evolucionan amodo ata a situación actual, nunhas situacións históricas complicadas, como por outra parte, foron as de toda Europa nos séculos XIX e XX.
|
||
(C) 2007 - Quedan todos os dereitos reservados |
||