Capítulo 13 |
||
13. OS LOGROS DA REPÚBLICA NO ÁMBITO DOS DEREITOS DA MULLER.En xeral, e de todos os logros conseguidos durante esta etapa da historia de España salientamos o proceso de liberación da muller que acababa, en parte, co pasivo e discriminado papel do que era vitima ata ese momento e que estaba solidamente instaurado pola monarquía e a igrexa, ao considerar á muller só como esposa obediente e nai exemplar. A muller que ata ese momento dependía do seu home ata para facer valer os seus dereitos máis básicos, vivía por entón anulada e relegada á máis profunda ignorancia debido á educación que recibía xa na escola dende idade temperá. Esta é unha maneira de evitar calquera rebelión contra o sistema arcaico e patriarcal do momento. As mulleres están dedicadas casi exclusivamente ás terefas do fogar. A incorporación da muller ao mundo laboral estaba chea de dificultades debido tanto a súa alta tasa de analfabetismo e á falta de medios estructurais que facilitara á muller con fillos a súa incorporación ao traballo, así como á existencias de leis que o dificultaban. A burguesía fomentaba, ademais, nesta situación na medida que lle interesaba manter á muller no fogar co fín de que cumprise a súa misión natural de reproduccíon da especie. A poboación activa a comezo dos anos 30 era do 24% do cal, o 80% eran mulleres solteiras e viúvas. Ao non teren pensión de viuvez, as mulleres víanse obrigadas a traballar trala morte do esposo para sacar as súas familias adiante. As casadas, para poderen traballar, necesitaban o permiso do marido, non podían dispoñer libremente do seu salario podendo o marido optar a el, incluso nos casos de separación xudicial entre ámbolos dous cónxuxes. Coa aparición da 2ª República, e debido o seu carácter claramente anticlerical, esta situación cambiou en gran parte ao iniciarse entón importantes reformas sociais e xurídicas reflectidas na constitución republicana de 1931 e en outras leis aprobadas posteriormente. Así, non só se eliminaron privilexios recoñecidos ata ese momento exclusivamete aos homes, senón que se regulou o acceso das mulleres a cargos públicos, concedeuse o dereito de voto ás mulleres, puideron ser elixidas deputadas, melloraron os dereitos da muller na familia e no matrimonio (recoñeceuse o matrimonio civil, suprimiuse o delicto de adulterio aplicado só á muller e permítese legalmente o divorcio por mutuo acordo), obrigouse ao Estado a regulamentar o traballo feminino, a súa incorporación a postos de traballo segundo mérito e capacidade, sen distinción de sexo, a protexer a maternidade (prohiberonse as cláusulas de despido por contraer matrimonio ou por maternidade, estableceuse o Seguro Obrigatorio de Maternidade e aprobouse a equiparación salarial para ámbolos dous sexos), así mesmo recoñeceuse o dereito das mulleres a ter a patria potestad dos fillos (permitiuse a investigación da paternidade e o recoñecemento dos fillos naturais). No ámbito da educación crearonse as escolas mixtas e a coeducación, abolieronse as materias domésticas e relixiosas, e crearonse tamén escolas nocturnas para traballadoras. En Cataluña foise máis lonxe, permitiuse a dispensación de anticonceptivos, despenalizouse e legalizouse o aborto, decretouse a abolición da prostitución regulamentada e prohibiuse contratar a mulleres en traballos considerados como perigosos ou duros. A 2ª República deixouno un conxunto de valores imprescindibles, un modelo de dignificación do papel da muller, así como un exemplo de liberdade e lexitimidade democráticas. O período da 2ª República foi breve pero intenso, e deu a noso país a oportunidade de converter en realidade o que na súa propia esencia implica: democracia, futuro, progreso e liberdade. Mais, hubo que esperar “unha longa noite de pedra” para que estes logros poideran realizarse.
|
||
(C) 2007 - Quedan todos os dereitos reservados |
||