Vostede está aquí: Capítulo 5
Voltar a: Contidos
Xeral:

Procura:

Capítulo 5

Pagina nueva 1

5.     DEREITOS E LIBERDADES:

 

1.- A declaración de dereitos

 

-         En España non hai tradición de declaración de dereitos separada do texto constitucional.

-         Na tradición española hai unha pronta inclusión das tarefas de estabelecemento de dereitos nas constitucións:

a)     A de 1837 fai unha relación de dereitos fundamentais que pasaría case intacta á de 1845.

b)    A revolucionaria de 1869 contén unha declaración moi prolixa que se sistematiza e recorta na de 1876.

c)     E a de 1978 inclúe a táboa de dereitos.

     

-         A relación de dereitos fundamentais é moi extensa e moi detallada na Constitución. Por que?

a)     Para garantir que a declaración de dereitos non ía quedar convertida en pura declaración.

b)    A partir do periodo político anterior, requeríase garantir o exercicio dos dereitos e a natureza destes como “inviolables” e “inherentes” á persoa.

 

2.- Clasificación dos dereitos e liberdades:

 

-         É unha tarefa ardua por varios motivos:

a)     Pola elevada cantidade

b)    Polo desorde en que están situados

c)     Pola relativa polisemia da Constitución

-         Son difíciles de clasificar porque son moi complexas e non se prestan a tipoloxías fáciles.

-         Porque o seu alcance non é en todo caso o mesmo nin tampouco o seu ámbito, e porque uns parecen previos e requisitos dos outros sen que exista un criterio uniforme para averigualo.

-         Pola intervención dos xuizos valorativos nas cuestións dos dereitos.

 

En resume, o máis prudente pode ser facer tres grupos o máis amplo posible:

a)     Dereitos fundamentais, que son anteriores ao Estado e que este recoñece cando se atopan sometidos a súa autoridade, con indenpendencia da súa nacionalidade.

b)    Dereitos políticos, presupón unha orde política, aquel que converte ás persoas privadas en “cidadáns”.

c)     Dereitos sociais e económicos, el que aparezcan singularizados implica que a división tomou como referencia non aos titulares do dereito, senón ao contido deste.

 

2.1.- Dereitos fundamentais “inherentes ao individuo e requisitos da plena dignidade da persoa. Son os dereitos chamados humano como innatos”

2.1.1.- Igualdade ante a lei

a)     Ausencia de discriminación persoal ou social

b)    Supón tratar de xeito desigual aos desiguais co fin de que reine unha igualdade verdadeira.

2.1.2.- O dereito á vida

a)     Integridade física e moral da persoa (prohibición de torturas, penas e pena de morte).

b)    Invocouse en España para soster a inconstitucionalidade do aborto. Aínda que é un dereito ilimitado, certas prácticas abortivas son lícitas.

2.1.3.- Liberdade ideolóxica, relixiosa ou de culto (pon fin á tradición española de unidade entre a igrexa e o Estado)

2.1.4.- Garantias procesais e penais

a)     Dereito ao xuíz ordinario

b)    Que o detido sexa informado de xeito rápido e comprensible

c)     O dereito de habeas corpus

d)    A pena privativa de liberdade orientala a conseguir a rehabilitación social

2.1.5.- Dereito ao honor, intimidade persoal e propia imaxe

a)     Dereito importante hoxe co avance dos procedementos técnicos

b)    Que permiten un fácil acceso ilícito ao ámbito privado das persoas

2.1.6.- Liberdade de expresión

a)     É o dereito fundamental por excelencia

b)    Se non se garantiza, non está garantizado ningún outro dereito

2.1.7.- Dereito de reunión: En España aténdese a dous extremos:

a)     Que se trate de reunións pacíficas e sen armas

b)    Que se produzan en lugares privados, ou de tránsito público, ou se trate de manifestacións.

2.1.8.- Dereito de asociación

a)     Forma específica do dereito de reunión

b)    Ten relación coa liberdade de creación de partidos políticos

c)     É un indice que emprega a Ciencia Política para medir o grao de modernización dos sistemas políticos: as sociedades evolucionadas presentan a maior cantidade de asociacións.

2.1.9.- Dereito de participación

a)     Reservados ás persoas de nacionalidade española

b)    Só nas locais  concédese o dereito aos estranxeiros

c)     Isto é un paso para eliminar barreras e chegar en Europa á construcción dun único Estado.

2.1.10.- Dereito á tutela efectiva de xuices e tribunais

a)     Garantir un recurso seguro e eficaz

b)    Esta garantía de tutela cristaliza en (lei orgánica. 1. xullo de 1985)

c)     Esa tutela efectiva  faise dende unha perspectiva constitucional, obrigando o interpretar as leis “segundo os preceptos e principios constitucionais”

2.1.11.- Dereito á educación

a)     Na súa totalidade é un dereito, pero a básica é un deber de cumprimento gratuito

b)    Este dereito regulado no ano 1985 planteou conflictos entre a ensinanza privada e o Estado:

                                                             I.      Pola hexemonía ideolóxica

                                                          II.      E polos problemas financeiros da administración escolar.

c)     A ensinanza superior regulamentada no seu momento no ano 1983:

                                                             I.      Regula sen excesivas trabas as Universidades privadas

                                                          II.      Busca fórmulas de integrar a Universidade na sociedade civil (concellos sociais).

2.2.- Dereitos políticos

a)     Os que son causa e efecto da condición do ser humano de ser membro dunha colectividade organizada

b)    Como persoa non é necesariamente sinónimo de cidadán, a falta de dereitos que afectan a esta segunda condición, non ten porqué afectar á primeira.

               2.2.1.- Dereito de petición. Capacidade para solicitar dos poderes públicos, sen prexulgar a resposta á solicitude.

2.2.2.- Dereito de sufraxio

a)     Dereito de sufraxio universal na elección a todos os órganos públicos representativos

b)    A todo cidadán maior de 18 anos

c)     Recoñecido en certas circunstancias aos estranxeiros nas eleccións locais

2.2.3.- Dereito á creación de partifdos políticos

2.2.4.- A iniciativa lexislativa popular

a)     Institucións de “democracia directa”

b)    O electorado sustitue a función dos órganos de representación.

2.3.- Dereitos sociais e económicos

a)     Son importantes para comprenderen o Estado Contemporáneo como Estado do benestar

b)    Non se garantiza a xustiza adecuadamente, asegurando tan só o libre exercicio dos dereitos fundamentais e políticos clásicos

c)     Serviron para dar canle xurídico á loita de clases ou aos conflictos sociais.

2.3.1.- Dereito ao traballo (en condicións de salario xusto, xusto trato, circunstancias ambientais axeitadas, etc.)

2.3.2.- Dereito de sindicación

a)     Regulamentado no seu momento no ano 1977 para todos os traballadores, agás os da administración civil e militar do Estado

b)    Garantiza os de folga e conflicto colectivo.

2.3.3.- Liberdade de empresa

a)     No marco dunha economía de mercado, pois esta non existe sen liberdade de empresa

b)    Calquera pode fundar a súa empresa sen que ninguén lle diga como ten que rexela.

2.3.4.- Dereito a un réxime público da seguridade social

a)     O aspecto máis característico da crise fiscal do Estado do benestar son os problemas de financiación da seguridade social

b)    O seu orzamento no ano 1986 supón aproximadamente a metade do orzamento da nación.

2.3.5.- Dereito a unha vivenda digna. Este dereito carece de antecedentes na historia constitucional española.

2.3.6.- Dereito ao medio ambiente. A súa degradación por procesos produtivos comezou a ser un problema global.

2.3.7.- Dereito de acceso á cultura. O libre acceso aos bens culturais é un dos elementos distintivos do Estado do benestar contemporáneo.

 

3.- Clasificación dos dereitos e liberdades pola forma de garantía

a)     As formas de protección son máis sólidas nos fundamentais, máis livianas nos políticos, e quedan moi diminuídas nos sociais e económicos.

b)    Polas formas de protección e garantías, cabe distinguir tres tipos:

                                                             I.      dereitos de protección reforzada

a.     trátase dos dereitos e liberdades fundamentais

b.    reforzada no sentido de que só poden regulamentarse mediante lei orgánica, que é norma de rango constitucional

c.      protexidos por un procedemento en via xudicial ordinaria, esgotada esta, pásase ao recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional.

                                                          II.      dereito de protección plena

a.     regulamentanse mediante lei ordinaria

b.    son os que chamamos políticos

                                                      III.      dereito de protección ordinaria

a.     son os dereitos económicos e sociais

b.    aos que a constitución chama “principios rectores da política social e económica”

c.      non son alegables sen máis ante os tribunais, senón só en función das leis que os desenvolven.

 

4.- Os límites dos dereitos

a)     A convivencia implica a necesidade de garantir o exercicio dos dereitos e a de admitir límites a tal exercicio

b)    A orde social parece ser posible porque se admiten límites ao exercicio duns dereitos que, han ser ilimitados.

c)     Tres tipos de límites:

                                                             I.      temporais: momentos en que os dereitos non poden exercitarse libremente, por exemplo: o dereito de participación que supón un referendo non pode exercitarse en periodos electorais.

                                                          II.      intrínsecos: os que derivan da propia natureza da cuestión, por exemplo: na orde económica e social capitalista, o dereito ao traballo ten un evidente límite intrínseco.

                                                      III.      extrínsecos: organízanse mediante determinacións exteriores:

a.     ordinarias: as que fan referencias aos dereitos alleos á orde pública e incluso ao interese público.

b.    extraordinarias: as que derivan de situacións de emerxencia.

 

5.- A suspensión dos dereitos e liberdades

a)     Son suspensións co fin de garantir a “defensa da constitución”

b)    Contamos coa posibilidade dunha dictadura constitucional en casos de ameazas graves á orde pública, danse varios tipos de suspensión:

                                                             I.      persoal: suspensión de dereitos concretos a unha persoa ou grupo de persoas.

                                                          II.      Territorial: suspensión do exercicio de determinados dereitos para todo o mundo nun ámbito especial determinado.

                                                      III.      Temporal: suspensión de todos ou algúns dos dereitos durante periodos de tempo.