Vostede está aquí: Capítulo 2
Voltar a: Contidos
Xeral:
O estudo da evolución dos dereitos da muller no marco do desenvolvemento constitucional español, o noso principal obxectivo, fai necesario que se precisen e aclaren certos conceptos previos.
1. Qué é unha constitución?
· Lei fundamental dun Estado.
· Establece o réxime e a forma política do Estado.
· Inclúe catálogo de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns.
· Inclúe sistema de separación ou equilibrio de distintos poderes do Estado e institucións que o exercen:
o Poder lexislativo (Parlamento ou Cortes).
o Poder executivo de gobernar (Goberno).
o Poder xudicial (Tribunais de xustiza).
· Debe concretar as prerrogativas do xefe do Estado.
2. Características dunha constitución:
· Soberanía nacional: debe estar elaborada polos representantes dos cidadáns.
· División de poderes: debe establecer unha organización e separación dos poderes do Estado: lexislativo, executivo e xudicial.
· Dereitos e liberdades: debe conter de forma expresa os dereitos, deberes e as liberdades dos cidadáns.
3. Contidos dunha constitución:
· Principios e valores constitucionais. Dereitos e deberes dos cidadáns.
· Organización, competencias e funcionamento dos poderes públicos.
4. Cando xorden as constitucións?
· Século XVII. Revolución Inglesa. (Locke, Berkeley, Adam Smith).
· Desenvolvemento das ideas políticas ilustradas no período prerrevolucionario. Rousseau, Voltaire, Montesquieu.
· A primeira constitución foi a dos Estados Unidos de América de 1787. Contía os principios básicos:
o Soberanía popular.
o División de poderes.
o Dereitos e liberdades dos cidadáns.
o Tipo de réxime político.
o Organización do Estado.
· 1791. Constitución francesa.
1. A HISTORIA POLÍTICA DE ESPAÑA NO SÉCULO XIX:
- é imposíbel a “modernización política” en España?
§ uns conflictos normais e superados noutras nacións parece que en España “perpetúanse”
§ Así por exemplo as tres guerras carlistas de 1832 a 1857.
- Carácter “proverbial” da inestabilidade do século XIX
§ Coñécense case “todos os rexímenes políticos”.
§ Os diferentes momentos serían:
a) Constitución de Cádiz de 1812
- Aprobada polas Cortes convocadas pola Rexente en 1810.
- A Rexencia sustitúe á Xunta Suprema Central (que concentraba a lexitimidade popular das Xuntas Provinciais).
- Consagra:
§ A forma monárquica de goberno.
§ Establece a división de poderes.
§ E a confesionalidade católica do Estado.
- Define a “nación española”: é a unión dos españois dos dous lados do Atlántico.
b) Fernando VII, chega en 1814
- É abolida a constitución
- Neste intre arranca a reivindicación de restaurala.
- A súas liñas:
§ Restabelecemento do Absolutismo.
§ Supresión das libertades.
§ Caos na Facenda.
§ Devolución da primacia á Igrexa Católica.
c) Sublevación de Rafael Riego
- Estabelecemento dun réxime liberal.
- Fernando VII é obrigado a acatar a Constitución de 1812.
- Iníciase o “trienio constitucional”.
d) Restauración Monárquica Absoluta en Fernando VII
- Pola chegada de “os cen mil fillos de San luis”.
- Ao mando do duque de Angulema.
- Enviados pola Santa Alianza.
- É a “decada Ominosa” de 1823 a 1833:
§ Persecución dos liberais.
§ Perda de posesións en América (agás Cuba e Porto Rico).
§ Fráguase o conflicto que acaba nas guerras carlistas: problema sucesorio de Fernando VII.
e) Rexencia de Mª Cristina
- Liberalismo doutrinario: prosperidade da burguesía por mor da leis de desamortización.
- Estatuto Real de 1834:
§ Sistema bicameral: unha non electiva e a outra por censo reducido.
§ Primacia do Rei sobre as Cámaras.
f) Sublevación da Granxa en 1836
- Obrígase á Rexente a xurar a Constitución de 1812.
- Pouco despois promúlgase a Constitución de 1837. Implica un pacto entre moderados e progresistas, definidos ambos polos seguintes rasgos:
§ Progresistas: pola declaración unitaria de dereitos. E referencia á “Soberanía Nacional” (recólleo da Constitución de 1812).
§ Moderados: polo bicameralismo (a de 1812 era unicameral). O carácter híbrido do Senado. E o carácter restrinxido do censo no congreso.
g) A Rexencia de Espartero
- Foi o resultado da crise política do sistema.
- E o seu final coincide co inicio da “década moderada”.
h) A “década moderada”
- É un retroceso socio-político respecto do Réxime de 1837.
- E apróbase a Constitución de 1845:
§ Supón unha reforma da de 1837, aínda que sustancial.
§ Aumenta a prerrogativa rexia.
§ O Senado perde o seu carácter híbrido e faise por designación real.
§ Réstanse moitas facultades ao Congreso.
i) A “ Vicalvarada”
- Iníciase o bienio progresista.
- Redáctase un proxecto de Constitución de 1856 (constitución nonnata, non entrou en vigor).
- Foi un texto progresista como respota ao carácter partidista e unilateral de 1845.
j) Non entrou en vigor a de 1856 polo pronunciamento de O’Donnell
- Disolve as Cortes.
- Restabelece a Constitución de 1845.
- Iníciase o período moderado máis longo do século XIX.
k) Revolución Gloriosa de 1868
- Surxirá a constitución de 1869 (a máis democrática ata ese momento):
§ Sufraxio Universal.
§ Parlamento electivo.
§ Declaración ampla de dereitos.
- Derrocamento de Isabel II.
- Asasinato do xeneral Prim.
- Abdicación de Amadeo de Saboya, e ábrese o camiño á denominada “crise do século XX”.
2. A CRISE DO SÉCULO XX
- O século XX español comeza en 1898
- Derrota na guerra contra Estados Unidos:
§ Pérdense as posesións non africanas (Cuba, Porto Rico e Filipinas).
§ Proceso de reflexión colectiva sobre o sentemento da “nación”.
- É o inicio da escola denominada “Xeración do 98”.
- De 1900 a 1923 a Restauración funciona mal por dous factores:
- Esperta a opinión pública.
- O Rei boicotea o funcionamento democrático das institucións.
- É un País Neutral na 1ª Guerra Mundial
- Pola crise de identidade aberta en 1898.
- Polo illamento internacional nun contexto europeo.
- Non obstante, pola 1ª Guerra Mundial economicamente hai certa prosperidade: finalizada a guerra as carteras de pedidos péchanse e chégase a unha difícil situación en 1917, sendo enorme en 1918.
- Varios factores:
- As loitas sociais.
- Movemento obreiro coa presenza dos anarquistas.
- En 1909 Semana Tráxica de Barcelona.
- En 1917 únense CNT e UXT e chégase á folga xeral.
- Ao finalizar a 1ª Guerra Mundial
- Non serve a estructura xurídico-política da Restauración.
- Non serven os partidos dinásticos:
§ non poden controlar a situación.
§ E non garantizan a quenda do poder.
- A crise de identidade nacional afecta as institucións do Estado:
§ Deslexitímase a orde pública.
§ E algún órgano do Estado artéllase á marxe da legalidade estatal.
- No campo Rexionalista:
§ Cambó convoca a Asemblea de parlamentarios catalanes (o desartellamento comenza a tomar corpo).
· descontentos cos órganos estatais, os cataláns reúnense pola súa conta.
· Artéllase o nacionalismo catalán, que logo se estenderá a outras rexións.
- En canto ao exército: As xuntas de Defensa Militares:
§ organizacións sindicais dos oficiais.
§ Manifestan a inquietude e indisciplina do exército.
- EN RESUMO:
1. Estas circunstancias fixan as liñas da crise do século XX.
2. Prodúcese o desastre de El Annual.
3. A constitución de 1876 é un texto puramente nominal.
4. O sistema político desmorónase.
5. As institucións carecen de lexitimidade.
6. Problemas de orde pública.
- Ante isto: en 1923 Pronunciamento de Primo de Rivera
§ Suspéndese a Constitución de 1876.
§ Non é un novo réxime senón unha paréntese na Restauración.
- A dictadura de Primo de Rivera
- Carácter “excepcional” da Dictadura
§ Pois se trata de poñer fin aos conflictos sociais:
· Ilegaliza a CNT e marxina a UXT.
· E integra aos socialistas nos comités paritarios.
§ E poñer fin á impopular Guerra de Africa, mediante o desembarco de Alhucemas.
- En vez de dar fin á Dictadura abre unha “fase civil” e inicia un proxecto “constituínte”.
§ O seu primeiro paso foi fundar un partido único: Unión Patriótica.
§ E por Decreto-Lei de 1927 convoca unha Asemblea Nacional, con criterio puramente corporativo. E as funcións que lle asigna o Decreto:
· esperábase o texto dunha nova constitución e de 5 leis orgánicas de desenvolvemento constitucional.
· Funcións de control de goberno interpelando, aínda que o goberno poda ou non contestar.
· Designar Comisións para investigar a Administración.
- A fin da Monarquía
- Dimisión de Primo de Rivera (por falta de apoio)
- Inténtase restabelecer a Constitución de 1876 (fracasa pola oposición dos partidos)
- Os partidos asinan o “Pacto de San Sebastian” solicitando eleccións municipais.
- O Rei nomea Presidente do Consello de Ministros: Almirante Aznar, que convoca as municipais (triunfa Coalición Republicana-Socialista).
- O 14 de Abril de 1931: A República (Alfonso XIII ao exilio).
· fórmase goberno sobre a base dos asinantes do Pacto de S. Sebastian.
· Convocar eleccións a Cortes Constituíntes.
- A segunda República
- É un réxime sostido pola esquerda que ha de responder aos ataques da esquerda máis radical.
- Eleccións a Cortes constituíntes 28 de xuño de 1931: maioría para republicanos e socialistas.
- E proclámase a Constitución de 1931. “Constitución de profesores”.
· España como “República de traballadores de todas as clases”.
· España como “Estado Integral”, fórmula intermedia entre Estado-federal e Unitario-Centralista.
· E decrétase a separación entre igrexa e Estado.
- E créase un Tribunal de Garantías Constitucionais;
· Control da Constitución das leis.
· Conflicto de competencias.
· Recursos de amparo.
· Xustiza política.
OBSERVACIÓNS:
A esquerda ameaza con acudir á revolución se gobernan as dereitas, e as dereitas conspiran en secreto contra a República.
- A Guerra Civil
- Sublevación 18-xullo-1936:
§ Os sublevados son unha Xunta Militar.
§ E o goberno depende das milicias que organizan desúpeto os partidos.
§ Existe un “poder dual”, dous territorios e dous Estados.
- Configúrase un Réxime “Nacional” de lexitimación carismática, e busca unha lexitimación socio-popular mediante o Foro do Traballo (9-marzo-1938)
- Créase Falanxe Española e das JONS (Movemento Nacional).
OBSERVACIÓNS:
1. Non só foi loita de dous mentalidades.
2. Senón de dous formas de organizar o Estado:
a) dende un plano orgánico-funcional
b) dende un plano territorial.
- O fascismo español
- A súa forma orgánica: Falanxe española e das JONS
- Desprezo da organización política democrática
- O seu concepto de “hispanidad” connotación racista
- A diferenza doutros, é un fascismo “non civil”
- A República e a Revolución
- No bando republicano:
§ Había un proceso revolucionario en marcha?
§ Ou as forzas limitáronse a defender a legalidade republicana?
- A defensa da República:
§ a base de unidades fieis ao goberno
§ e os partidos e centrais organizan un “exercito popular”.
- Dúas posturas:
§ Radicais: a revolución é necesaria para gañar a guerra.
§ Moderados: primeiro gañar a guerra e logo facer a revolución.
- Solución: enfrontamento en Barcelona, maio de 1937.
- O Réxime de Franco
- A dictadura perpetúase a si mesma
§ Foro do Traballo 1938
§ Lei de Cortes de 1942 (sistema representativo orgánico)
§ Foro dos Españois 17 xullo 1945
§ Lei de Referendo 22 outubro 1946
§ Lei de sucesión
§ Lei de Principios do Movemento Nacional 17 maio 1958
§ Lei Orgánica do Estado 1 xaneiro 1967
- Tres etapas fundamentais:
§ Etapa fascista: 1936-1945
§ Racionalización e Modernización 1945-1959 (canalizar a estructura xurídica do Réxime)
§ De 1959 (aprobación do plan de estabilización) a 1975: orientación tecnocrática do Réxime.
- dende a Lei Orgánica do Estado (1976)
§ Sepárase a xefatura do Estado da Presidencia do Goberno.
§ Autorízanse algunhas organización: “asociacións políticas”
- Problemas de conceptualización do Réxime de Franco
- Teoría do Estado nacionalsindicalista (Estado paternalista e benefactor, que resolve a loita de clases intervindo nos sindicatos)
- Ao final do Réxime dous sectores enfrontados:
§ Manter a Dictadura dura
§ Evolución das institucións.
- Segundo Linz: Estado autoritario distinto do Estado totalitario:
§ Pois mantén distancia entre as institucións públicas e a sociedade.
§ e admite certas formas de oposición.
- Da transición á Democracia
- Presión:
§ exterior: Europa
§ interior: os movementos en prol da Democracia.
- E aparecen tres posturas:
§ Manter o Réxime.
§ Reforma paulatina.
§ Ruptura total
SOLUCIÓN: Ruptura pactada.
CONCLUSIÓN: como podemos observar España ten unha longa e inestable historia constitucional, debida ás convulsións políticas sufridas nos séculos XIX e XX. O século XX é un bo exemplo da complexidade do sistema político español da época. Sucediéronse diversas e incluso contradictorias etapas histórico-políticas: dúas repúblicas, unha terrible guerra civil, unha durísima dictadura e a reconquista dunha Democracia esperada.
Este é o contexto necesario de explicación que permitirá comprender como se xestan os dereitos da muller en España e como evolucionan amodo ata a situación actual, nunhas situacións históricas complicadas, como por outra parte, foron as de toda Europa nos séculos XIX e XX.