Vostede está aquí: Capítulo 14
Voltar a: Contidos
Xeral:

Procura:

Capítulo 14

Pagina nueva 1

14.                          A SITUACIÓN DA MULLER NA ESPAÑA DO FRANQUISMO.

 

A sublevación nacionalista do 18 de xullo de 1936, deu paso a unha cruenta guerra civil de tres anos que imposibilitou o exercicio pacífico do sufraxio electoral, tanto para os homes como para as mulleres. A fin da contenda, coa victoria dos sublevados, non fixo máis que prolongar a “longa noite de pedra”, en palabras do poeta galego Celso Emilio Ferreiro, durante case 40 anos, baixo a dictadura do xeneral Franco.

O réxime franquista reduciu as convocatorias electorais aos plebiscitos previamente orquestrados polo réxime, ao servizo da súa propia permanencia no poder. Pero incluso baixo a peculiar configuración de “democracia orgánica”, con eleccións a Cortes de representatividade limitada a un só terzo, chamado de designación familiar, cos outros dous terzos acaparados polo réxime, un para o partido único e o outro para a súa organización de sindicatos verticais corporativistas, a muller non foi relegada de forma completa, sempre que cumprira as restrictivas condicións de “cabeza de familia”; exclusión que non se estendeu á convocatoria dos referendos, onde as mulleres –casadas e solteiras- maiores de idade, puideron votar tan “libremente” como os homes, isto é, sen ningunha liberdade.

Trala longa paréntese da dictadura, o pleno acceso da muller á política como electora e elixible non foi algo que resultara totalmente estraño nas leis españolas, xa que tiñamos o antecedente da II República. Así tanto no referendo para a Reforma Política convocado por Adolfo Suárez en decembro de 1976, como nas primeiras eleccións democráticas xerais de xuño de 1977, con plenitude de partidos políticos libres e recoñecidos, as mulleres españolas gozarán do pleno acceso ao voto, sen exclusións de ningún tipo. Un dereito que dende entón viña exercendo ata hoxe con naturalidade e responsabilidade, lonxes dos tópicos e as pantasmas denantes, cunha tendencia que resulta imposible de diferenciar respecto á exercida polos homes. O voto feminino foi pois, un factor máis de estabilidade e equilibrio no proceso da normalización política española, dende a transición ata os nosos días, exercido por todas as mulleres como un dereito máis, con toda normalidade, responsabilidade e ilusión. Só quédanos confiar e desexar que as xeracións futuras poidano exercer exactamente igual.