 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
|
Iconografía |
|
|
|
|
|
ICONOGRAFÍA REPUBLICANA E MULLER:
|
|
|
|
|
|
A representación da República como unha matrona provén da iconografía relixiosa pagá. Tanto gregos como romanos daban formas humanas non só ao seus deuses maiores, senón tamén a conceptos idealizados, como Niké ou Fortuna. Sinalamos na cultura helénica ás Horas, protectoras da estabilidade social, cuxos nomes eran Eunomía (boa lei), Diké (xustiza) e Irene (paz).
|
 |
|
|
|
|
|
|
En Roma atopamos un antecedente máis preto a nosas repúblicas alegorizadas. Cóntannos os clásicos que Tiberio Sempronio Graco, Tribuno da Plebe, construíu no cumio do Monte Aventino un templo á deusa Libertas en cuxas dependencias instalouse a primeira biblioteca pública de Roma. Parece que foi a primeira vez en que se rendía culto a esta deidade. Representábase como unha muller vestida de branco e cuberta co gorro frixio. Este tocado, usado polos romanos na cerimonia de manumisión dos escravos, lémbranos que xamais acabamos de saír de todo da servidume.
|
 |

|
|
|
|
|
|
Durante o Renacemento as alegorías extraídas da mitoloxía grecolatina toman un protagonismo especial nas artes. A máis salientable desta época pode ser A Primavera, de Botticelli. Nas épocas barroca e neoclásica as representacións das Musas como alegorias das diferentes artes serán un tema constante na iconografía.
|
 |
|
|
|
|
|
|
Así na Revolución Francesa o modelo da nosa matrona quedará fixado. Os revolucionarios ilustrados aproveitarán este costume para representar o seus ideais en obras plásticas que chegen a todos os cidadáns. Dende o primeiro momento os revolucionarios mantén a idea de sustituir a soberanía do rei pola da Nación. Para representar á Nación, seguendo a tradición grecoromana, tomouse a unha muller moza á que se lle engaden os atributos simbólicos dos valores que se queren difundir, por exemplo, liberdade (gorro frixio), soberanía civil (a coroa mural), xustiza e equidade (a balanza romana), abundancia e prosperidade (a cornucopia)... Cada modelo de alegoría é reflexo dos valores que nun momento se querían transmitir.
|
 |

Liberdade, igualdade, fraternidade
|
|
|
|
|
|
Nas alegorías españolas é moi común a presenza dun león aos pés da matrona.O león representa a España, mais o seu lugar na representación muda dende a súa representación dominante e central nas imaxes da España imperial, ata a súa representación republicana aos pés da matrona republicana, símbolo do poder civil e das institucións políticas democráticas. A violencia ten sido domeñada polo poder democrático.
|
 |

|
|
|
Printer-friendly version
|
|
 |
|
 |